A sorpresa cinematográfica de Roberto Varela

Xornal.com Actualizado 02/07/2009 - 00:42 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 3 voto/s

Roberto Varela deu onte unha sorpresa cando informou, logo de que se lle preguntase onde ían estar colocados o CGAI e o Consorcio Audiovisual no organigrama da consellería, feito público o luns sen a inclusión destes organismos, de que se fusionarán. Explicou que está a seguir o modelo catalán, unha referencia pola súa política de “créditos brandos”, que permite “facer un seguimento máis rigoroso dos proxectos”, que se controlarán “ao milímetro” e en todas as súas fases, dende a concepción ata a súa venda ás diversas pantallas. As axudas virán da Agadic, de aí a prioridade de nomear o director mañá. De feito, a comisión que seleccionará os traballos a subvencionar xa está formada, segundo informou unha fonte do sector, que asegura que a composición desta é case idéntica ás do bipartito, o que indica que hai presas para deixar o tema resolto no vindeiro mes e volver con forza no outono. Os créditos serán concedidos a proxectos con posibilidades comerciais, sen deixar de atender as “excepcións culturais”, indicou onte Varela, que quere que o futuro organismo, con competencias espalladas agora en tres consellerías, quede en Cultura, pero non puido asegurar que vaia ser así. “Gustaríame que si”, indica o conselleiro, pero antes Presidencia deberá soltar as competencias herdadas do bipartito a través das secretarías xerais de Medios e Comunicación Audiovisual. Varela vén de presentar un plan máis ambicioso, transmitindo o seu desexo de ser o coordinador, e ten o apoio do sector. Vicente Montoto, responsable da coordinadora de actores que se dirixiu á consellería o pasado día 11 para pedirlles explicacións sobre o seu silencio, indicou que a proposta é “o que se leva perseguindo moito tempo” e manifestou o seu acordo coa política anunciada por Varela.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.