Sábado, 20 de marzo de 2010 - 20:42 h

PSOE e BNG critican a “indefinición” do presidente

O líder do PSdeG chama á “colaboración leal” coa Xunta e o portavoz nacional do BNG rexeita o “café para todos”
David Lombao Actualizado 02/07/2009 - 00:37 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

Os grupos da oposición séguenlle a pedir cifras ao presidente da Xunta. Despois do encontro entre Manuel Chaves e Alberto Núñez Feijóo, tanto PSOE como BNG teñen claro que o xefe do Executivo debe “compartir a súa posición” e “cuantificar o que quere” Galicia.

Pola banda socialista o seu secretario xeral, Manuel Vázquez –que onte mantivo un xantar de traballo co ministro de Política Territorial despois do encontro entre Chaves e Feijóo–, se ben móstrase disposto a “colaborar” coa Xunta, censura a, ao seu xuízo, “improvisación” do xefe do Executivo.

O líder socialista “reitera” o “apoio do PSdeG” para que “Galicia obteña o mellor acordo de financiamento” algo para o que, asegura, Feijóo debe deixar de “improvisar” .

Ao tempo, Pachi Vázquez amosa a súa “preocupación e perplexidade” por que o presidente “aposte na negociación por parámetros que perxudican claramente e Galicia, como é o paro”, extremo este desmentido por fontes da propia Xunta, que aseguran que Núñez Feijóo non contemplou solicitar que o Estado compense a Galicia pola súa taxa de desemprego, xa que “perxudicaría” á comundidade.

Tamén o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, esixe coñecer a “proposta concreta” do presidente da Xunta.

Dende o punto de vista do líder nacionalista, o Goberno galego “corre o risco” de “non contar no debate” ao non “precisar” con cifras “o que quere Galiza”, “fronte a outras comunidades que si están a dicir con concreción a que aspiran”.

Neste sentido, Vázquez lamenta que Feijóo non teña “precisado” a cantidade á que “aspira” dos “9.000 millóns de euros que di o Goberno central que pon sobre a mesa”.

Do mesmo xeito, o portavoz do Bloque coida que o titular da Xunta debe “manifestarse a respecto de se lle parecen suficiente ou non” a cantidade anunciada onte por Manuel Chaves xa que, dende o seu punto de vista, o montante posto a disposición das comunidades polo Goberno central “debera incrementarse, cando menos, até alcanzar os 15.000 millóns de euros.

 

PUNTOS BÁSICOS

Ao tempo, Guillerme Vázquez reclama que o Executivo galego estableza “con absoluta clareza” as “porcentaxes de cesión” que cre necesarias “sobre os tributos cedidos” á comunidade.

Estes son, a xuízo dos nacionalistas, os puntos básicos para acadar a que Vázquez considera como "cuestión central", isto é, "que Galiza avance na dirección de conseguir a plena suficiencia financeira, algo para o que, ironiza, non é válido o "café para todos".

Neste sentido, o líder do BNG aposta por que esa "suficiencia" chegue, entre outras vías, por un incremento "até o entorno do 80 por cento" na porcentaxe de cesión de impostos coma o IRPF, o IVE e os tributos "especiais".

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.