“Albergo, por primera vez, la esperanza de un acuerdo”. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mostrouse onte notablemente optimista despois de que, en hora e media de xuntanza, o vicepresidente e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, aceptase de bo grao o groso dos criterios galegos no debate do financiamento autonómico.
Coa “cohesión” e a “solidaridad” como piares, Feijóo expúxolle a Chaves o “consenso” acadado entre as tres forzas políticas galegas e no que, ademais da “suficiencia financeira” –isto é, que todos o servizos públicos sexan financiados–, figuran como claves de bóveda os criterios diferenciais de Galicia.
Envellecemento, dispersión poboacional, lingua, ou o a ampla bolsa de galegos emigrados, explica Feijóo, “encarecen” os servizos prestados pola Xunta. Deste xeito, apunta, “un sistema de financiación que solo tenga en cuenta la población –criterio demandado por autonomías como Madrid, Valencia ou Cataluña– sería insolidario”.
Neste contexto, o Goberno galego –igual que onte fixera o líder do PSdeG, Manuel Vázquez– sitúa no 7,1 por cento do total de fondos a repartir o punto de partida das demandas galegas. Con todo, será a vicepresidenta económica do Goberno, Elena Salgado na que, no transcurso dunha xuntanza en Madrid co xefe do Executivo galego, “llene de contenido y cifras” estes criterios xenéricos.
"COINCIDENCIA NOTABLE"
Tamén Manuel Chaves, no transcurso dunha rolda de prensa conxunta con Feijóo, advertiu unha “coincidencia notable” entre o demandadado por Galicia e os plans do Goberno central.
Chaves, que segue mantendo o 15 de xullo como “fecha de referencia” para pechar o acordo coas autonomías –mentres, Feijóo sostén que “es más importante el acuerdo que la fecha”–, afirma estar “de acuerdo” coas “variables” propostas pola Xunta cun obxectivo esencial: “La igualdad en la prestación de servicios” no conxunto do Estado.
“Si el único criterio –di Chaves–fuera la población, llegaríamos a un resultado injusto”. Así as cousas, o ministro asume que, igual que outros territorios reclaman que se prime a “insularidad o la población joven”, resulta “lógico” atender criterios como “envejecimiento o dispersión” poboacional.
Do mesmo xeito, o ‘número tres’ do gabinete de Zapatero recolle a proposta de “ponderar” os servizos aos residentes ausentes: “Si la inmigración –di– tiene que tener su reflejo, es lógico que el retorno pueda estar en el Fondo de Cooperación, igual que la lengua”.
Así as cousas, o titular de Política Territorial aposta por “traducir” no encontro de hoxe entre Feijóo e Salgado o “acuerdo del Parlamento gallego”, ou o que é o mesmo, a solicitude de que Galicia obteña o 7,1 por cento do total de fondos. “Vamos a trabajar para conseguirlo”, afirma o ministro.
Ao tempo, Manuel Chaves ten claro que, alén dun eventual acordo, o vindeiro día 15, as autonomías e o Estado deben ademais ter en conta a “evolución del sistema”, de tal xeito que “la cantidad” que o Goberno distribuirá –máis de 9.000 millóns– non sexa o único “importante”.
Con todo, e en referencia ao prometido por Zapatero en Cataluña, Chaves afirma que “todas las comunidades tienen que mejorar con respecto al actual modelo”.

