No Centro de Arte Atlántica expón una serie de escultura feitas nos últimos tempos o artista coruñés, Pepe Galán, que utiliza como título xeral da mostra Mayday, unha palabra que ten a súa explicación.
Pepe Galán, ainda que nesta oportunidade presenta esculturas, ten tamén un amplo curriculo no que figuran traballos en pintura, gravado e fotografía. Foi un dos fundadores dos grupos A Galga e Gruporzan e pertence a xeración que deuse a coñecer nos anos oitenta na que comezou con traballos figurativos, pero que pronto deixaron paso á abstracción.
Qué significa Maiday?
É una palabra universal que se utiliza nos momentos de peligro. Comezou a usarse na mariña mercante partindo do frances “m’aidez”, pero logo quedou nunca berva facil de pronunciar en calquera idioma xa que os supera a todos.
E que peligro hai nas suas esculturas?
Están a reflectir o que houbo no noso entorno nos últimos anos que va dende o fundimento do “Prestige” ata o embarrancamento do “Mar Egeo”, así como outras situacións que non foron tan periodísticas, pero que chegáronme e me impactaron.
E por que razón a meirande parte das esculturas son redondas?
Iso é unha cuestión utilitaria. No meu taier non teño espazo nen ferramentas suficentes para traballar plisados ou outras formas. De todos xeitos, a circunferencia e o círculo parecenme formas moi interesantes e definitivas porque carecen de comezo e de final. Dentro pódese situar todo e ademais no mar significa moito, por exemplo os timóns, o ollo de boi, ou os bidóns que transporta un buque.
E os vidros escachados?
Estes vidros nonos escahei eu. Proceden de almacéns de desguace de automóviles e os reciclei para a escultura. En relidade tamén teñen o seu significado porque no é o mesmo ver a través dun parabrisas limpo e novo, como ver coas raias dun vidro roto.
Procura alguna idea no espectador?
Non. Eu fago o traballo de acordo coas miñas ideas, pero creo que cada espectador ten as súas propias e é moi ceibe de sacar as conclusións que deséxe diante da miña obra. Isto se presta a un diálogo entre quen contempa a obra e a escultura mesma do que eu, ainda que fun o autor, síntome alleo.
Entre a sua obra de grande formato para o aire libre hai unha escultura no entorno da Torre de Hércules, pero a máis recente é a que fixo na l,mbranza dos mortos do Portiño ¿Qué significou?
Desta síntome moi contento, non só porque gañou nun con curso de ideas, senón tamen polo que representa, e se gañou é porque o xurado pensou que acertei co tema. Nela se ocupa un epazo, pero sobre todo se representa unha idea que é a de rendir unha homenaxes á memoria histórica, neste caso representada polos dezasete nomes que aparecen escritos, pero que en realidade foron moitos máis. E on é que foran asesiñanos nese lugar, senón que alí eran detidos cando intentaban fuxir por mar, e logo a meirande parte, executados, agas de dous que morreron de tuberculose. Fíxena como un trozo de historia que era preciso reivindicar.
E quedou reivindicada

