Varela coloca ao músico e produtorJuan Carlos Fasero á fronte da Agadic

Os sectores que regula a axencia reciben a noticia coa esperanza de que esta escolla mellore os logros alcanzados polo bipartito
Xornal.com Actualizado 06/07/2009 - 01:34 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

O Consello da Xunta aprobou onte o nomeamento do novo director de Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), decisión que se publica hoxe no DOG. O elixido é o produtor e autor musical Juan Carlos Rodríguez Fasero, fundador de Zouma Records –de aquí saíu Cristina Pato, entre outros–, cunha longa traxectoria no terreo discográfico en Galicia.

A escolla chega logo dunhas polémicas protestas do gremio actoral, que –como adiantou Xornal de Galicia– demandou que se realizase o pago dunha débeda contraída pola consellería de Cultura por un millón de euros. Os principais responsables desta iniciativa, Vicente Montoto, presidente da Asociación Galega de Actores e Actrices, e Ernesto Chao, á cabeza da Asociación de Empresas das Artes Escénicas, recibiron onte a noticia con cautela e esperando que as súas reivindicacións cheguen a cumprirse.

“Esperemos que siga poñendo en pé Agadic, coa mesma liña de traballo que nos últimos anos”, explica Chao, contento coa xestión do bipartito. Montoto apunta na mesma liña: “Esperamos que nos reciban” para tratar o devir do audiovisual, pois esta cuestión estivo paralizada ata hai ben pouco, téndose anunciado aínda esta semana que se creará un organismo que englobe todas as competencias deste sector, pero sen dar maiores detalles.

 

O AUDIOVISUAL EN SUSPENSO

“A decisión é positiva. Vemos que se está a cocer algo no audiovisual, pero deciden sen chamarnos, o cal non é bo”, engade Montoto, que lidera unha coordinadora de actores para que os reciban e poder así discutir a cuestión.

Está tamén no aire a permanencia de Cristina Domínguez á fronte do Centro Dramático Galego, organismo que dirixe dende hai unhas semanas en funcións. Esta será outra das dúbidas que Fasero terá que despexar no sector teatral.

Pola súa banda, o sector musical non tardou en facer público un comunicado en apoio a Fasero. A Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), da que é vicepresidente, di que a súa incorporación será “de grande axuda para a consolidación” de Agadic e confían “plenamente na súa xestión” para “fortalecer e profesionalizar o sector da música” e “posicionalo como a fonte de riqueza e emprego que en realidad é”. Cristina Rodríguez, xerente de Agaphono (Asociación de Fonográficas Galegas), apunta no mesmo camiño e di que “o feeling é moi satisfactorio”. Segundo ela, que o coñece de hai anos, “fortelecerá unha industria que ata agora sempre estivo por detrás de o teatro e o audiovisual”.

Outras fontes do sector resaltan o labor de Fasero na carreira musical de Cristina Pato, a través da que coñeceu a Roberto Varela, cando tanto o conselleiro como a gaiteira vivían en Nova York. Algúns apunta tamén que Fasero non foi a primeira opción do responsábel de Cultura, que optara hai algunhas semanas por unha profesional do audiovisual que finalmente non conseguiu a aprobación do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O produtor e músico galego chega ao cargo logo de ter traballado para o PP como concelleiro de Cultura na súa vila natal, Arnoia (Ourense), dende 2007.

 

A EMEREXENTE DANZA

O outro sector cultural englobado en Agadic, o da danza, comunicou a través de Rut Balbís, a súa representante como responsable da Asociación Galega de Profesionais da Danza, que o importante para eles é “que non se paralice o proxecto dos últimos tres ou catro anos, cun desenvolvemento da danza moi rápido”. Segundo Balbís, o Centro Coreográfic Galego é “o sustento do sistema, a base de operacións”, e dos seus logros depende todo o sector. Unha vez consolidado o seu nomeamento no DOG, Fasero incorporarase o martes ao seu posto.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
¿Sigue creciendo la mafia rosa?
Boris
2009-07-03 19:31:26
Todo parece indicar que de la mano del PP, el colectivo homosexual -habitualmente conocido por la "mafia rosa"- va haciéndose con el poder en Galicia. Es práctica frecuente en la industria cultural de todo el mundo, que la comunidad gay vaya colcoando sus peones en los puestos de responsabilidad. En fin..., tampoco en esto somos diferentes al resto del mundo globalizado. Un saludo.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.