“Ayer dimos pasos adelante y hoy no”. Deste xeito resume o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o seu encontro coa vicepresidenta económica do Goberno central, Elena Salgado, centrado no debate do financiamento autonómico.
Despois de que, na xornada do martes, Feijóo se mostrase “esperanzado” despois de que o vicepresidente e Ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, xulgase como asumibles boa parte das demandas galegas, o xefe do Executivo galego teno claro: o que con Chaves “avanzó”, coa responsable de Economía “se ha frenado”.
Segundo a explicación de Feijóo ao termo da xuntanza –que se prolongou por espazo de máis de dúas horas–, as ponderación da dispersión poboacional –que, en opinión do Goberno da Xunta, debe supoñer o 1,2 por cento de “todos los fondos” que repartirá o Estado– sitúase como “principal escollo” para un eventual acordo.
O presidente ten claro que as aspiracións galegas son “sustancialmente” superiores ao contemplado polo Goberno de Zapatero se ben recoñece que, por “primera vez”, alberga a “esperanza” de que Salgado estude esta petición. “Me ha pedido días –explica– para seguir profundizando”.
PACTAR CON TODOS
Feijóo, que mostra a súa vontade de “seguir trabajando” con Economía para lograr un pacto tivo, non obstante, palabras de reproche para o Gobeno central e tamén para os socialistas xa que, lembra, “el mismo PSOE que gobierna en España” acordou en Galicia datos “objetivos y objetivables” que agora o Executivo rexeita.
Ademais de esixirlles aos socialsitas que “digan lo mismo” en Santiago e en Madrid, o titular da Xunta mostrou os seus receos a respecto da negociación que o gabinete de Zapatero está a desenvolver con outras comunidades autónomas e, nomeadamente, co Goberno catalán.
Nun contexto no que Galicia, explica, “no puede firmar aquello que perjudique su financiación actual y futura”, Feijóo láiase de non coñecer os “compromisos” entre os Executivos central e catalán porque “nadie” llos explicou polo momento.
Así as cousas, o presidente ten claro que “si el Gobierno prefiere pactar con otras comunidades a las que no les importa la dispersión –en referencia ás que, como Madrid, Valencia, ou a propia Cataluña, reclaman o peso de criterios como a poboación– habrá un problema”.
Ao tempo, Feijóo insistiu tamén en Madrid na necesidade de que o envellecemento estea presente á hora de garantir o financiamento dos servizos públicos das autonomías como Galicia. “Cuando una parte de España –explica–no incrementa su población, sino su población geriátrica, eso cuesta mucho más que la población pediátrica”.
Con estes postulados como base, o presidente asegura que, no caso de que estes criterios non se “concreten” no novo modelo, este non será “aceptable” para Galicia.
Así e todo, Núñez Feijóo non deixa de valorar como “punto de partida” as conversas con Manuel Chaves nas que, entre outras cuestións, o ministro deu por boa a porcentaxe a chegada ás arcas da Xunta do 7,1 por cento do total de fondos a repartir polo Estado.
Malia a mostrar o seu interese en acadar un consenso co Goberno e o resto de autonomías, Feijóo si dubida do prazo marcado polo propio José Luis Rodríguez Zapatero para pór punto e final ao debate financeiro, isto é, o 15 de xullo, unha data que, “a día de hoy”, conclúe, “no es posible”.
O PSOE PIDE "NON TIRAR A TOALLA"o psoe pide “non tirar a toalla”
Ao termo da xuntanza entre Alberto Núñez Feijóo e Elena Salgado, o voceiro parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández, Leiceaga, instou ao presidente a non “abandonar” o proceso de negociación.“Non tire a toalla –insta Leiceaga a Feijóo– na defensa dos intereses de Galicia, coa cabeza fría e defendendo o ben de todos”.
A xuízo do deputado socialista, o resultado do encontro entre o presidente e a ministra fai “máis necesario que nunca” un “amplo consenso” entre os grupos parlamentarios galegos en torno aos “criterios defendidos pola Xunta”. Para lograr este pacto, Leiceaga subliña que o Goberno galego debe revelar as súas reclamacións a PSOE e BNG co obxectivo de dotarse de “máis forza” ante o Executivo de Zapatero.

