Duelo contra o leite sen nome

As empresas lácteas reaccionan ante o pulo gañado polas marcas brancas coa crise
Alberto Ramos Actualizado 08/07/2009 - 00:19 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

Lonxe das campañas publicitarias de hoxe en día nas que os creativos se esmeran en crear pezas artísticas máis que anuncios, os principais comercializadores lácteos apostan pola tradición para conectar co consumidor. Un consumidor que, coa crise galopando sobre a súa testa, decide abandonar a marca de toda a vida para se decantar polas chamadas marcas brancas que non terán moito nome, pero tampouco piden demasiado á carteira.

Ante a perda de terreo fronte as marcas brancas, as grandes empresas recorren ao reclamo máis tradicional da publicidade: a importancia da calidade. Central Lechera Asturiana e Pascual están a levar a cabo unha campaña de publicidade coa que se rebelan ante estas marcas orfas de nome. Xorde así un enfrontamento directo entre as centrais leiteiras e as marcas das grandes superficies. As primeiras queren facer comprender ao consumidor que non se pode renunciar á calidade polo prezo, como reza a campaña de Central Lechera Asturiana. As segundas buscan un reclamo de baixo custe entre os cliente en tempos de vacas fracas. Pero esta liorta entre uns e outros vai moito máis aló do ámbito empresarial.

O presidente da Federación de Productores Lácteos Galicia(Feplac), Xaquín López sinala que os prezos das marcas brancas afectan ao triángulo do sector lácteo que está formado “polos produtores, polas transformadoras e polos consumidores” e que nesta situación “só gañan as grandes superficies”. Segundo López, as marcas brancas ofrecen un produto que, “sen ser un risco, teñen unha menor calidade, xa que cumpren cos parámetros de calidade, pero moi axustados”. Deste xeito, ofrecen uns prezos moi baixos e atractivos en tempos de crise. Dende aFederación de Empresarios Productores de Leche (Prolec), a súa secretaria xeral, Silvia Rodríguez, explica ese axuste das marcas brancas lanzando unha pregunta: “se ao produtor lle custa 0,40 euros de media producir un litro de leite, ¿como é posible que no mercado haxa briks por 0,49 euros por litro? ¿Onde están as marxes de produción e de transformación?”. Esta asociación sinala que é preciso que “produtores, industriais e consumidores sentemos nunha mesa para negociar coa arbitraxe da administración”.

 

ESTRATEXIA DAS MULTINACIONAIS

Ese enfrontamento entre as grandes superficies e as marcas propias afectan a todo sistema lácteo, tanto no sector produtivo como no industrial. Agora ben, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Carme Freire, manifesta que as marcas brancas, se ben forman parte da crise, “non son as causantes da situación, son unha estratexia das multinacionais que buscan ter leite a calquera prezo e poder facer o negocio do século”. Para Freire, a responsabilidade de atallar estratexias como a da marca branca, “que busca destruír o tecido produtor e industrial”, é propia dos gobernos que deben desenvolver dúas claras medidas principais, por un lado “fixar un prezo mínimo no litro de leite” e polo outro, “controlar a produción”. As marcas brancas, polo tanto, forman parte do momento crucial que atravesa o sector lácteo. Pero agora é o ámbito industrial quen se dá de conta de que o problemas dos prezos xa non afecta só os produtores. Estes continúan sendo os peores parados, xa que no mes de marzo deste ano o produtor recibía de media 0,32 euros por un litro mentres que o consumidor lle custaba ese mesmo litro 0,69 euros, segundo os datos que manexa Prolec.

Unha diferenza que supón un 53%, oito puntos máis da que había a comezos de 2008. Dende agosto de 2007, a diferenza subiu un 15%, xa que naquel momento o produtor recibía 0,41 euros por un litro que un consumidor adquiría por 0,68 euros, o cal supuña unha diferenza do 38%.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.