Jueves, 11 de marzo de 2010 - 4:41 h

Os cambios de rodas do A8 non superaron os 22.000 euros

D. L. Actualizado 04/07/2009 - 01:03 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

A decisión da Consellería de Presidencia de pór á venda 23 vehículos de “alta gama” volveu traer á primeira liña informativa os gastos de mantemento do que fora coche oficial do ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, cifrados polo Goberno en 360.000 dos que, segundo o PPdeG, 42.000 corresponden a cambios de rodas.

Neste contexto, fontes próximas ao anterior Goberno consultadas por Xornal de Galicia desminten que estes cambios ascendesen á cantidade indicada polos conservadores, situándoos en case 20.000 euros menos.

Segundo os datos aos que tivo acceso este diario, a compra do Audi A8 incluíu un xogo de rodas completo –isto é, todas as pezas, como as llantas ou os ‘tapacubos’, ademais do propio pneumático–, cuxo importe roldou os 7.000 euros.

Mentres este xogo permaneceu no concesionario que serviu o vehículo para ser utilizado en caso de emerxencia, os encargados do parque móbil da Xunta efectuaron os correspondentes cambios de pneumáticos –non das rodas completas– segundo as recomendacións técnicas de quilometraxe, que o PP sitúa en 11.000 quilómetros e que as fontes consultadas por Xornal elevan aos 15.000.

Segundo as tarifas oficiais, a gama máis alta de pneumáticos que é viable utilizar nun vehículo destas características –o modelo 255/35 ZR20, dispoñible nas marcas Michelín e Pirelli e que alcanzan os 496 euros sen IVE–. Atendendo á quilometraxe do vehículo do ex presidente –69.000 quilómetros– e ao criterio de troco de pneumáticos indicado polo PPdeG, teríanse producido un máximo de 7 cambios.

Tendo en conta estas cifras, a compra de catro pneumáticos suporía, no caso de elixir o modelo máis caro, un gasto de en torno aos 2.000 euros e que o anterior Goberno tería repetido en 11 ocasións.

Así as cousas, a adquisición destes repostos acadaría segundo os datos consultados, un valor de en torno a 22.000 euros, 20.000 menos dos denunciados polos populares.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.