Jueves, 18 de marzo de 2010 - 1:03 h

Do “tanque con rodas” de Obama ao taxi de Revilla

A pesares da dura campaña que o PP desenvolveu contra o coche oficial de Touriño, a blindaxe está á orde do día
Cristina Díaz Pardo / Actualizado 04/07/2009 - 01:03 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

“Ao final acabará comprando outro coche e terá que blindalo”. Desta forma expresou a secretaria de Acción Electoral do PSOE, Mar Barcón, a súa opinión acerca da idea de Alberto Núñez Feijóo, de prescindir dun coche oficial blindado para vendelo –200.000 euros máis barato do que se mercou– e quedar con outro sen este servizo de seguridade.

Feijóo non é o único presidente que decide prescindir da blindaxe do seu coche. Nos medios de comunicación é habitual ver a figura do presidente cántabro, Miguel Ángel Revilla, baixando dun taxi para asistir a calquera acto oficial. Non obstante, a maioría dos altos cargos deciden empregar a blindaxe nos seus turismos, aínda que, na maioría dos casos, hai un maior mutismo á hora de falar dos vehículos oficiais, alegando motivos de seguridade.

No País Vasco, o novo lehendakari, Patxi López, herdou os coches oficiais dos seus antecesores no cargo. Un Mercedes S560 de José Antonio Ardanza e un Audi A8 de Juan José Ibarretxe, ambos blindados.

Igualmente, o presidente socialista de Aragón, Marcelino Iglesias, dispón tamén doutro modelo alemán con sistema anti balas. O mesmo modelo co que ten o mandatario rioxano, Pedro Sanz.

Famosos entre a prensa xa son os Audi A8 do presidente Zapatero e o líder da oposición, Mariano Rajoy, así como o Mercedes S600 Guard do Rei Juan Carlos.

Preguntados polo tema dos blindaxes nos coches oficiais, a maioría dos expertos en seguridade recordan o atentado da banda terrorista ETA contra José María Aznar. Foi en abril do ano 95 cando, o nese momento líder da oposición, sufriu un atentado en plena rúa. O hoxe ex presidente do Goberno saiu ileso grazas aos case mil quilos de blindaxe do seu vehículo, de novo un Audi A8.

Así, mentres que o presidente galego, decidiu, polo momento, prescindir dunha blindaxe no seu vehículo oficial, o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, si leva un turismo dotado dun sistema de blindaxe.

José Manuel Gómez Besteiro, o presidente da Deputación de Lugo e José Luis Baltar, o seu homólogo en Ourense, gozan de vehículos de alta gama, tamén da marca Audi, tan denostada polo Executivo de Alberto Núñez Feijóo, pero sen blindar. “Eu creo que aquí en Galicia é un pouco esaxerado que un presidente de Deputación leve un coche blindado. Tamén hai outros presidentes de comunidades autónomas que non o levan”, din dende o gabinete de prensa de Baltar.

Nas antípodas do vehículo oficial de Alberto Núñez Feijóo está, o denominado pola prensa estadounidense, “tanque con rodas” de Barack Obama. Un modelo Cadillac con materiais como acero e aluminio e con vidros de 13 centímetros de espesor.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
autoridade blindada
carlos
2009-07-03 09:30:26
Autoridade blindada en coches ostentosos, esa é a proposta defendida pola chamada esquerda que perdeu as eleccions, precisamente por mimetizarse ca dereita perdendo a concencia do que era. Po certo onte mesmo este xornal, que parece de esquerdas, cesuroume un comentario por mimetismo dereitoso tamen?

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.