Lunes, 22 de marzo de 2010 - 3:19 h

Iván Area: “Os alumnos de fóra son os que mellor asumen o uso do galego”

“Europa é plurilingüe, os estudantes extranxeiros ven o noso idioma con naturalidade”
Cristina Díaz Pardo Actualizado 05/07/2009 - 03:00 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 5 voto/s

Fai un tempo, Iván Area, o vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo,participou nunhas xornadas sobre o galego. Chamábanse ‘Xeiras da lingua galega’. Comezou facendo un discurso en inglés, xa que se puxo na pel dun home no ano 2075. Segundo teorizou, nese ano o galego e o castelán terían case desaparecido. Ao final das xornadas falou sobre a relatividade. Retomou o papel do home do futuro pero fíxoo en galego, xa que, “o que ocorra nun futuro depende do que fagamos ahora”.

 

En que se basea este acordo das tres universidades galegas?

Basicamente, o que se fixo foi constituír unha comisión interuniversitaria de Política Lingüística, ou o que é o mesmo, unir esforzos en materia de planificación e de lingua galega. Realmente, esta idea estaba recollida no Plan de Política Lingüística do ano 2004, no cal se instaba ás tres universidades galegas a instituír unha comisión conxunta para levar a cabo traballos relacionados con política lingüística. É moi interesante destacar que os tres reitores, os secretarios xerais, ou vicerreitores, con competencias na materia, tres directores de servizo e un profesor de cada universidade estarán nesta comisión. Temos compoñente política, técnica e práctica. Ademais tratase dun esforzo conxunto das tres universidades para chegar a este punto, o cal tamén é motivo de satisfacción polo que supón de colaboración.

 

Pero é certo que nas universidades galegas existe un certo rexeitamento cara a algunhas políticas levadas a cabo por a consellería de Educación.

O importante é que as tres universidades están a unir esforzos. A universidade de Vigo xa levou a cabo unha serie de campañas de promoción de lingua ás que logo se sumaron o resto de universidades e viceversa. Recordo a campaña “Europa é plurilingüe: quen sabe galego sabe máis”, a de ‘Chámate con xeito’, para a regulación da toponímia , e a última que se chamaba ‘Busco amante galego falante’. O que se trata é de valorizar o galego. Pensamos que as tres universidades, como parte da sociedade, poden facer moitas cousas neste campo. Todo o que fagamos pode repercutir no noso público potencial pero tamén no resto da sociedade da que formamos parte.

 

Cal é o nivel actual de uso do galego nas universidades da comunidade?

Por exemplo, na Universidade de Vigo hai estudantes de aldeas, vilas e cidades. Hai estudantes galegos e tamén hainos do resto de España, de Portugal e doutros países. Quero poñer de manifesto que un dos colectivos que con maior naturalidade asume o uso do galego son os estudantes que veñen de fóra porque Europa é plurilingüe. Estes universitarios veñen de recibir unha formación en dúas, tres, e ás veces, catro e cinco linguas. Xustamente, estes estudantes que veñen de diversas zonas de Europa perciben o galego con completa normalidade. En canto ao coñecemento dos universitarios galegos, creo que se superaron as probas de Bacharelato hai que presupoñerlles un alto coñecemento do noso idioma. Tamén habería que preguntarse cal é o nivel de coñecemento do castelán. Podemos levar sorpresas. Fai pouco fixemos un proceso selectivo na Universidade de Vigo para unha praza. No proceso había dous exames eliminatorios, un en galego e outro en castelán. Podo dicir que as sorpresas foron importantes.

 

Falando de exames, que lle parece que nas oposicións á Función Pública se elimine a obriga de realizar, cando menos, un en galego?

Eu falarei do que respecta á Universidade, e nela, establécese estatutariamente que o galego é a lingua da Universidade.

 

Vostede é profesor de Matemáticas, polo tanto saberá de estatística. Que lle parece a enquisa aos pais da Xunta que está a ter moitas críticas pola súa mecánica?

Non son especialista en estatística pero si teño compañeiros que o son e que son moi críticos coa enquisa, xa a nivel técnico. Descoñezo os criterios que se seguiron, pero a palabra enquisa ten habitualmente unha connotación que inclúe a un número determinado de persoas, a unha representación. Outras cosa é un referendo, e non sei se se están a mesturar estes termos.

 

O coñecemento co que saian os alumnos de Bacharelato influirá logo no seu desenvolvemento na Universidade. Como se toman que a enquisa aos pais vaia a ser decisiva na elaboración dun novo decreto para a lingua no ensino?

Hai unha iniciativa que puxemos en marcha na facultade de Química de ensino e aprendizaxe trilingüe: en galego, castelán e inglés. Na Universidade a aposta polo trilingüísmo é moi importante. Eu non son quen de dicir como debe ser o ensino en primaria, pero si penso que deberían deixar opinar aos especialistas.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.