Jueves, 18 de marzo de 2010 - 7:25 h

‘Pachi’ Vázquez cre que Galicia Bilingüe está a “dramatizar” coa lingua galega

David Lombao Actualizado 05/07/2009 - 03:00 h.
6 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 7 voto/s

O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, saiu onte ao paso das declaracións da presidenta de Galicia Bilingüe (GB), Gloria Lago quen, despois de reunirse cos deputados socialistas Francisco Cerviño e Guillermo Meijón, instou ao PSOE a reformular a súa política lingüística.

Se ben Vázquez ten claro que GB ten “dereito” a “defender os seus intereses”, o líder socialista non dubida que o colectivo, contrario á normalización do galego, “dramatiza a situación” relativa ao idioma nun contexto no que é o galego o que ten “un problema de subsistencia”.

Nun contexto no que, apunta, o PSOE e o colectivo dirixido por Lago “discrepan no 95 por cento das súas opinións”, Vázquez avoga por “enterrar a guerra lingüística que armou” o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dados os “problemas” da lingua propia de Galicia.

Por outro lado, no ámbito do ensino permanece a incógnita sobre o resultado e a participación na enquisa distribuída pola consellería de Educación entre os pais e nais de alumnos.

Aínda que o departamento dirixido por Jesús Vázquez asegurou que “cinco ou dez días despois” de finalizar o inquérito –o pasado 19 de xuño–, Educación recoñece que os resultados aínda non están dispoñibles.

Neste sentido, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asegura “non ter noticia” da data en que estes resultados serán “públicos”.

Aínda no ámbito da lingua, a Mesa Pola Normalización Lingüística informou onte de que un informe da Avogacía do Estado respalda, xuridicamente, a denuncia de acoso laboral polo uso do galego a tres traballadores da Capitanía de Burela.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
María, bonita
Juan Rua
2009-07-06 11:30:08
María, bonita, que idioma es ese que llamas español, sera en una definición vulgar propia de gente ignorante.La constitución española de 1977, dice otra cosa. Creo que habría que empezar, ya, a llevaros al juzgado, por delictos tipificados, pues la moral y la verguenza la habeis perdido y que te paguen el abogado tus colegas, por lo menos dareis trabajo !Qué miseria tan greande arrastrais!
2
Para María
Adrian
2009-07-06 09:41:17
Ola!!! Hai alguén aí? María? En que planeta vives? De que cova saes? Nos centros educativos de Galicia pódense estudar, na inmensa maioría, entre o 60% e o 70% das asignaturas en castelán, xa que aínda que o Decreto 124/2007 estipula que cando menos se impartirá o 50% das asignaturas en galego, o decreto non se estaba a cumprir. Iso podes comprobar se te informas e rompes o molde ideolóxico sectario, hipócrita e demagogo no que estás instaurada.
3
Para _Maria
Xosé Carlos
2009-07-04 18:18:28
María bonita, vives nun mundo non de yupi, chámase Galicia, fálase galego, e o teu fillo estudará no que determinen as autoridades competentes e non ti. Por certo o problema telo ti, non o teu fillo.
4
Quero unha lingua outra vez normal.
Guillerme.
2009-07-04 16:10:32
Ter que discutir sobre se é normal que a lingua dos galegos sexa "normal" en Galicia, é do máis triste que levo escoitado. Por máis que boten cortinas de fume e fillas que se traumatizan co galego pero non co inglés. Onde vai a dereita galeguista???
5
NON FALES CON ELES
ANTON
2009-07-04 09:45:40
Non sei como poden falar con eles. E como si falas con alguen que quere razoar que os Galegos sexamos parvos. Canto mais fales con eles, pero. Crecese en razons que non son mais que as parvadas que de cando en vez se lle pasa pola cochola a esta xente.
6
PSOE zero patatero
Maria
2009-07-04 08:22:27
Pachi bonito, vives en el mundo de yupi: conflicto es que mi hijo no pueda estudiar en su lengua materna (solo tiene una asignatura en español a la semana)Eso para mí como madre no es un conflicto es un drama!!! SEGUID ASÍ PSOE, SI , QUE OS VAN A VOTAR EN LAS MUNICIPALES ...........

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.