Os socialistas mobilizan aos concellos na mesma liña

N. A. Actualizado 06/07/2009 - 01:34 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, anunciou onte que a súa formación política mobilizará todos os seus recursos humanos para que se presenten mocións “en todos os concellos” galegos e “se recollan sinaturas” de colectivos de diversos ámbitos, en defensa do modelo de préstamo gratuito de libros. Vázquez explicou que, durante os meses de xullo, agosto e setembro, o PSdeG buscará o compromiso por escrito das persoas que defendan o sistema que impulsara a Xunta anterior, co obxectivo de que a actual Consellería de Educación “anule” a supresión dese sistema, tal e como anunciou. O líder do PSdeG reuniuse onte cos representantes de asociacións de pais e nais, de municipios, sindicatos e docentes, cos que tratou esta cuestión, e asegurou que os titores “están atónitos” diante desta decisión da Administración. O secretario do PSdG asegurou que a Xunta “non contabiliza o custo real” do modelo que pretende aplicar, porque “fai as contas sesgadas, ampárase no sistema de rotación do anterior” proxecto, de modo que “din o que van gastar parcialmente, e favorecen a confusión”. O líder dos socialistas galegos reiterou que o seu partido “non tolerará” esa situación e que pedirá unha reunión co titular da Xunta para chegar a un acordo. Na mesma liña, o BNG presentou hai días unha proposta nos concellos de Santiago e Fene para que as corporacións municipais insten á Xunta a garantir á gratuidade dos materiasis, namentres as Anpas se reuniron onte en Boiro para abordar a problemática.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.