Turismo destina 1,5 millóns para promocionar as visitas a Galicia

Con esa cantidade, o Executivo quere fomentar a celebración de congresos, exposicións e conferencias que eviten que as reservas hoteleiras caían por debaixo do 20% este verán
Xornal.com Actualizado 07/07/2009 - 01:43 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

A secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, amosouse confiada en que as reservas hoteleiras descendan por debaixo do 20% durante o período estival respecto ás cifras do pasado ano.

 

Así o apuntou Pardo durante a presentación da semana na que o Pazo de Exposicións e Congresos de A Coruña (Palexco) converterase, segundo indicou o seu director, Enrique Pena, "no centro de debate da industria mundial de reunións" coa presenza de representantes dos principais pazos de congresos dos cinco continentes.

 

"Hai un mes a situación do turismo galego era mala", sostivo Pardo, ao tempo que se mostrou confiada en que os datos que a Xunta presentará a finais deste mes mostren "un repunte" en canto ás reservas hoteleiras na Comunidade galega.

 

"Hai que ver como afecta a campaña que realizamos a través dos medios de comunicación", dixo Pardo e recordou que o turismo rural "só perdeu un 10 por cento de reservas", algo que, segundo precisou a Xunta, podería trasladarse ao resto de sectores.

 

A Torre, reforzo turístico

Por outra parte, Carmen Pardo mostrouse "moi satisfeita" de que a Torre de Hércules obtivese a distinción de monumento Patrimonio da Humanidade, algo que a secretaria xeral de Turismo confirmou que espera utilizar "como reforzo" para atraer xente.

 

"Galicia ten o privilexio de contar con catro monumentos catalogados como Patrimonio da Humanidade", apuntou Pardo, para quen este feito debe converterse nun "argumento máis" á hora de presentar un oferta turística "máis variada" que en lugares onde só hai "sol e praia".

 

Creador de opinión

Finalmente, a secretaria xeral de Turismo referiuse á repercusión que ten a celebración de congresos, exposicións e conferencias en Galicia para a promoción do turismo.

 

Segundo indicou Pardo, o turista "profesional", ademais de gastar o dobre que o visitante "tradicional", se converte no mellor "creador de opinión" para que, máis tarde, as persoas que chegaron a Galicia por motivos de traballo, "o fagan acompañados das súas familias".

 

A secretaria xeral sinalou que a Xunta aprobará un presuposto dun millón e medio de euros para fomentar a celebración deste tipo de acontecementos nos próximos meses, coincidindo co ano Xacobeo.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.