Cultura comezará a limpeza da Muralla de Lugo o luns

A Xunta considera que a “complexidade” da operación fai necesario que a execute persoal especializado
Xornal.com Actualizado 14/07/2009 - 02:38 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

A Consellería de Cultura e Turismo confirmou onte que os traballos de limpeza do adarve da Muralla de Lugo, competencia da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, empezarán “de inmediato” despois de pechar a contratación da empresa que os executará.

Segundo as instrucións ditadas polo director xeral de Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel, a “complexidade” da operación “obriga a que esta sexa realizada por persoal especializado”, sempre baixo a dirección do arquitecto autor do proxecto de limpeza da muralla romana, que contará coa coordinación dun arquitecto da Dirección Xeral, sinalou Cultura nun comunicado.

“Dada a nosa responsabilidade coa Muralla, Patrimonio da Humanidade, debemos facer o noso traballo con rigor e con respecto ás indicacións técnicas, sen trivializar un proceso tan complexo co que non se pode improvisar”, explicou Rey Pichel. Nesta liña, indicou que o fan “con datos e actuacións concretas”, sen buscar “outro obxectivo que non sexa a mellor conservación do patrimonio”.

Así mesmo, a Consellería de Cultura recordou que o procedemento para a licitación dos traballos de mantemento, conservación e limpeza integral do conxunto monumental están a seguir a tramitación correspondente. Así, prevén a contratación dunha empresa adxudicataria despois do verán.

 

SATISFACCIÓN LOCAL

Pola súa banda, o alcalde de Lugo, o socialista José López Orozco, agradeceu onte á Xunta de Galicia o “cambio de postura” sobre a limpeza da muralla romana. Nos últimos días, tanto o Concello como a Deputación provincial criticaran o Goberno galego por non acometer esta limpeza e pola imaxe que trasladaba o monumento.

Segundo sinalou Orozco, a Dirección Xeral de Patrimonio comunicoulle que empezarán coa limpeza o luns. Así, expresou a súa “satisfacción” ao saber que, tras as súas reclamacións, a Xunta adianta a limpeza da Muralla ao luns baixou a supervisión dun experto e “cos medios técnicos precisos”, indicou.

“É unha boa noticia, non só para o alcalde, senón para o conxunto dos lucenses e daqueles que se ofreceron a colaborar”, sinalou Orozco, quen días atrás suxerira a posibilidade de facer batidas cidadás para acometer esta limpeza, sobre todo na zona do adarve. Con esta decisión de Cultura, ponse fin a unha longa negociación.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.