Sábado, 20 de marzo de 2010 - 13:20 h

Guillerme Vázquez verase o xoves con Feijóo para falar da negociación

Carmen Fraga Actualizado 07/07/2009 - 21:35 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

O presidente galego, Núñez Feijóo, e o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, reuniranse o xoves, despois do Consello da Xunta, para tratar de articular unha postura unánime de cara ás negociacións do financiamento autonómico. Este encontro terá lugar ás 13.00 horas, un día despois de que o presidente manteña unha reunión con Manuel Vázquez, secretario xeral dos socialistas galegos.

Núñez Feijóo busca cos encontros acadar a “unidade política” precisa para “presentar e facer entender” as propostas de Galicia para o futuro modelo de financiación autonómica. Feijóo segue apelando aos criterios de dispersión, envellecemento e emigración como “cuestións que deben unir aos partidos políticos”.

Estes encontros son o seguinte paso despois da reunión entre a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, e os voceiros responsables de Economía dos tres grupos parlamentarios. Na xuntanza deuse a coñecer o resultado das entrevistas de Feijóo e os vicepresidentes de Política Territorial e Economía, Manuel Chaves e Elena Salgado.

Segundo afirmou o deputado do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, os nacionalistas afrontan a reunión coa “esixencia“ de que Feijóo cuantifique as necesidades de Galicia no modelo de financiación. “Pedirémoslle unha actitude firme”, asegurou Jorquera. Engadiu que se os emigrantes votan, “deben computarse” como un gasto.

Pola súa banda, o secretario xeral dos socialistas galegos, Manuel Vázquez, reivindicou onte, nun acto homenaxe aos trinta anos de concellos democráticos, “un novo modelo de financiamento local, un Plan E con fondos galegos”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.