A Universidade de Vigo galeguiza iTunes U

A Universidade de Vigo converteuse no estandarte de Apple para lanzar ao mercado hispano o seu almacén audiovisual de contidos educativos iTunes U. É a primeira entidade de fala hispana en estar na plataforma e, ademais, faino en galego.
Cris Souto / Xornal.com 14/07/2009 - 02:10 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 14 voto/s

A educación do futuro conectará a profesores e alumnos con imaxes, textos e sons a través de internet. A Universidade de Vigo avanza nese camiño desde 2003 e acaba de dar un grande salto a nivel internacional ao converterse na primeira institución de fala hispana en ofrecer os seus contidos educativos a través da meirande e máis prestixiosa plataforma do momento, o iTunes U de Apple. Iván Area, vicerreitor de Relacións Institucionais, considera que isto "demostra unha vez máis que estamos á vangarda na utilización de novas tecnoloxías e na aposta pola docencia de calidade".

A Universidade de Vigo xa está en iTunes U

Deste xeito, a entidade galega converteuse no emblema da compañía norteamericana para penetrar no mercado hispano dos EEUU. Por ese motivo, a empresa controlou moi de preto todo o proceso desde a sede central, en lugar de deixalo en mans da delegación europea, como é habitual. De feito, o lema de Apple para a promoción do acontecemento é "iTunes habla español", segundo conta o vicerreitor de Novas Tecnoloxías e Calidade de Vigo, Anxo Sánchez. Aínda que ben podería ter sido "iTunes fala galego" porque, ademais de ser a primeira universidade do mundo hispano en entrar nesta plataforma, faino con arquivos en galego, ademais de en castelán e inglés.

"Eso foi o noso acordo: parécenos todo ben, pero vostedes permítennos tamén meter a nosa idiosincrasia", conta Sánchez. "Pero recibírono ben", asegura. Non é que houbese unha negociación, "pero non entenden que queiramos publicar contidos en tres idiomas". Porén, amais da idiosincrasia galega, o galego tamén permite chegar a máis países: "Temos un importante volume de descargas de Portugal e Brasil grazas ao galego".

 

Prestixio e rendemento en posgraos

Anxo Sánchez confía en que, con este novo escaparate, se note "unha repercusión no posgrao, porque se incrementará a audiencia e faremos másters con Hispanoamérica". As previsións da universidade son que preto do 90% das descargas se fagan desde fóra de España. Na actualidade, a metade das descargas do material que xa se ofrece libremente a través de Uvigo.tv fanse desde o exterior.

En calquera caso, o que buscan "todas as universidades ao entrar en iTunes U é a garantía e o prestixio que dá, porque é a única plataforma que, ao contrario que outras como YouTube, fai un control e aplica un filtro que esixe unha serie de requisitos, como ter capacidade para publicar 250 programas educativos ao ano cuns mínimos de calidade", explica Sánchez.

Os contidos de iTunes U, tamén no móbil

Ademais, supón poñerse á altura das 160 universidades máis prestixiosas do mundo, das que menos de vinte son europeas.

 

iTunes U ten dous anos de experiencia

A compañía norteamericana Apple adaptou en maio de 2007 o seu almacén audiovisual iTunes para a comunidade universitaria creando iTunes U, que permite compartir contidos educativos consultables en PC, Mac, PDA, iPod ou iPhone. Nun principio, só estaba dispoñible para entidades de EEUU e Canadá e, pouco a pouco, foise abrinco a outros países europeos, como Reino Unido, Alemaña ou Francia.

Fai uns meses, ofertou o seu servizo a España e a universidade de Vigo foi a primeira en superar os controis de calidade. Está previsto que en breve entren dúas entidades españolas máis.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Útil ferramenta
Brais
2009-07-08 09:10:08
O iTunes resulta utilísimo no dos estudos, sobre todo de idiomas. Se o 90% das descargas se fan dende fóra, entón a promoción no caso de Vigo será enorme. Felicidades aos impulsores da idea.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.