Cultura Quente: a alternativa a Ortigueira

O festival de Caldas de Reis acolle durante dous días o mellor rock ‘indie’ mundial na súa undécima edición
Victor Paz Morandeira Actualizado 14/07/2009 - 02:38 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

Os festivais de música proliferan en Galicia no verán case como os bares. Como nestes, o importante é atopar un no que se sentir cómodo. Ante a apertada fauna de Ortigueira, cita cada vez máis viciada pola cantidade de persoas fóra da comunidade folkie que acoden, existen outras alternativas.

Para os que gustan do pop-rock máis suxerinte e alternativo do momento, non poden deixar de asistir ao festival Cultura Quente de Caldas de Reis, que terá lugar mañá e o sábado na localidade pontevedresa.

Con once edicións ás súas costas, este encontro consolídase como unha das mellores opcións no Noroeste do Estado para gozar cos alternativos sons de grupos internacionais como MC5’s Wayne Kramer & Guests ou The Wedding Present, cabezas de cartel das dúas xornadas, que tamén inclúen aos Coronas, Kap Bambino, Zahara ou Facto Delafé y las flores azules. Todo isto de balde, e con zona de acampada habilitada para os asistentes.

Entre as bandas que estarán no festival, atópanse tamén o dúo belga Vive la Fête e uns clásicos, os granadinos Lagartija Nick, que volven a Galicia para presentar o país o seu último traballo, Las marcas de mi larga duración.

 

ÉXITO NOS NOVENTA

O grupo fixérase famoso e viaxara por todo o mundo a mediados dos noventa con Omega, un álbum que, eles mesmos recoñecen, cambiou a súa carreira. Debedores do rock granadino de hai vinte anos, e grandes propulsores desta corrente por toda a Península –“agora hai máis necesidade de cultura autóctona, pero cando empezamos flipábannos os Kews e a xente non estaba preparada para a nosa música”, recoñece o líder da banda, Antonio Arias–, a súa traxectoria ten dado curiosos experimentos. Incluso unha homenaxe á dobraxe, remake da Guerra dos Mundos de Jeff Wayne, aínda inédita.

Pola súa banda, Vive la Fête está considerado un dos grupos de rock electrónico máis innovadores da escena actual. Crípticos hai dez anos, laureados hoxe, lograron que o deseñador Karl Lagerfeld se fixara neles para as pasarelas de Chanel en París, Tokio, As Vegas, ou Nova York, entre tantos outros lugares adecuados á súa sexi estética.

Visitan Galicia por primeira vez logo dun intento frustrado, e traen con eles os temas de Disque d’Or (2009).

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.