Lunes, 15 de marzo de 2010 - 1:31 h

Feijóo obvia o software libre no seu plan tecnolóxico

David Lombao Actualizado 12/07/2009 - 00:29 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

“Traballar sen papeis”. Este é, en palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o obxectivo do “Plan de Medidas Urxentes no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación” ao que o Goberno galego deu onte luz verde definitiva.

Cun investimento total de 8 millóns de euros ata finais de 2010, o plan aposta por lograr que boa parte das operacións administrativas da Xunta, tanto internas como as realizadas polos cidadáns, poidan canalizarse a través de Internet.

Ao tempo, explica o presidente, este proxecto “centralizará as compras” de equipamentos informáticos no seo da Administración autonómica para “optimizar o gasto en tecnoloxía nun marco de austeridade e mellora na eficiencia dos fondos”.

Esta iniciativa, explica Feijóo sumarase a outras que, nas vindeiras semanas, tratarán de paliar as carencias informáticas no ámbito da Xustiza

Neste escenario, este proxecto suporá o primeiro paso para elaborar un “Plan Estratéxico Global” na materia que todo semella indicar que estará chamado a substituír ao “Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información” (PEGSI), elaborado polo Goberno bipartito.

Precisamente un dos piares dese plan, a promoción do software libre –isto é, cun código aberto que permite adaptalo ao funcionamento da Xunta sen necesidade de adquirir e renovar licenzas mediante pagamento–, é obviado pola Xunta na presentación do seu plan.

Do mesmo xeito, se ben o Goberno galego avoga por “optimizar os procesos de licitación e adquisición” do equipamento informático da Administración autonómica, o novo plan non define o papel do organismo Man Común, creado polo anterior Goberno para o desenvolvemento de programas informáticos de código aberto.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Inxenheiro
Xaxa
2009-07-10 18:34:38
E co Google system que se ven enrriba Galiza sempre perde o tren

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.