A Xunta ampliará Sogama para que acolla 342.000 toneladas máis de lixo

O conselleiro di que o novo plan de xestión de residuos estará listo en seis meses, e este verán terán a auditoría para demostrar “os erros dos últimos catro anos”
Mercedes Cernadas Actualizado 14/07/2009 - 02:05 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, visitou as instalacións de Sogama en Cerceda para catapultar “o inicio dunha nova etapa”. A pesar do casco, o chaleco e un olor dos que quedan para sempre no cranio, sentiuse cómodo na volta a unha casa construída polos seus. Hernández anunciou que a Xunta ampliará a planta para que acolla 342.000 toneladas máis, e asegurou que en seis meses estará listo o novo esquema de xestión de residuos, do que aínda está todo por concretar. O conselleiro defendeu enérxicamente o modelo da sociedade creada polos populares e responsabilizou á oposición dos problemas de xulgados e vertidos. “Probablemente o que fallaría foi a xestión destes últimos catro anos”, apuntou.

Para identificar “os problemas que había” en Sogama, Hernández reiterou o compromiso de presentar este verán unha auditoría. “Unha sociedade onde hai moitos problemas no eido laboral que se están a dirimir nos tribunais, onde hai despidos, situacións de vertidos non axeitados e certo descontrol, lóxicamente non estaba funcionando axeitadamente”, criticou. Agora, o obxectivo da Xunta é “retomar a normalidade dunha sociedade que funcionou correctamente dende o ano 95, coa intención de que volva ser así”.

 

INSTALACIÓNS INSUFICIENTES

Aínda que o Goberno popular non ten claro polo de agora que tipo de tratamento vai levar a cabo nin o lugar onde o fará, a súa idea é “optimizar o funcionamento” dun complexo “insuficiente”, no que entran case 900.000 toneladas de lixo ao ano e das que só se poden valorizar enerxéticamente unhas 500.000. En primeiro lugar, a Xunta quere “diminuír o número de toneladas que entran en Sogama a través da reciclaxe”, cunha estratexia que non se coñecerá ata que se faga público o plan de residuos.

No que se refire á ampliación, o conselleiro explicou que a sociedade ten en proxecto a construción de dous novos vasos de vertido. A curto prazo abordarase a construción do vaso 1, que sairá a licitación a vindeira semana, e que terá un volume bruto de 258.300metros cúbicos, o que equivale a unhas 163.000 toneladas de residuos urbanos. O custo desta actuación é de 1.400.000 euros, e o seu prazo de execución de catro meses.

A continuación procederase coa execución o vaso 0, con capacidade para albergar aproximadamente 179.000 toneladas. Na situación actual, o vertedoiro de Areosa estaría colmatado en 5 ou 6 meses, e cos dous novos vasos ampliarase a vida útil do mesmo en aproximadamente un ano mais.

Ademais, ante a carencia de terreos no recinto, a entidade traballa nun proxecto sectorial de incidencia supramunicipal a fin de proceder á súa ampliación. Na actualidade estase a construír tamén unha nova balsa de pluviais que estará finalizada nunhas tres semanas.

 

MÁIS CRISE, MENOS RESIDUOS

O responsable de Medio Ambiente explicou que a crise económica está a influír tamén na produción de residuos urbanos, aínda que os ingresos foron de máis de 90 millóns de euros. O número de toneladas xestionadas pola planta diminuíu en 2008 por primeira vez dende a creación de Sogama, pasando de 909.000 toneladas en 2007 a 897.000, un descenso do 1,4%.

Este ano a baixada é aínda maior, xa que no primeiro semestre houbo un 4,5% menos de residuos que no mesmo período de 2008, de 438.000 a 418.000 toneladas.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.