A Consellería de Educación aceptou onte a proposta dos sindicatos do ensino CC OO, UGT, ANPE e STEG sobre os criterios para o agrupamento de alumnos en Infantil e Primaria. O acordo suporá a creación de 150 novas unidades, segundo as organizacións sindicais. As centrais aceptaron que a Xunta cree a metade das aulas no curso 2009-2010 e as restantes no seguinte, logo de que a Administración se afastase do preacordo que acadaran a principos de semana. Segundo estas plataformas, xa que a CIG foi a única que quedou fóra, a Administración non quería apoiar o pacto cando supuxese crear unidades, só para destruílas. No caso de Primaria, realizaranse agrupamentos cun máximo de catorce alumnos do mesmo ciclo; doce no caso de que pertenzan a diferentes ciclos, e de 10 se están implicados estudantes de toda a etapa, ou de Primaria e Infantil. O responsable de Ensino Público de CC OO, José Fuentes valorou positivamente o convenio porque “ hai máis creacións de unidades e postos de traballo que supresións” .
