sociedad > xornal-de-veran

Lou Reed pide marisco de Muros para tocar en Santiago

A estrela de rock tamén demandou un masaxista escandinavo
Xornal.com Actualizado 13/07/2009 - 01:52 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

A estrela de rock estadounidense Lou Reed, que ofrece mañá un concerto en Santiago de Compostela, acompañado da súa compañeira sentimental, tamén cantante, Laurie Anderson, pediu mariscos para comer –“se é posible da ría de Muros”, dixo–, e un especialista en masaxe escandinava, informou onte a organización do evento.

O artista solicitou unha reserva en dous restaurantes do casco histórico, ao que prevé acudir acompañado dun grupo de cidadáns de Nova York, sinalou a promotora deste concerto de concienciación sobre a importancia de doar órganos para transplantes.

Engadiu que ademais requiriu “un detallado menú” que inclúa mariscos, “preferentemente da ría de Muros”, peixes á prancha e viño branco de Ribeiro. En definitiva, un menú completo co mellor da tradición culinaria galega.

Ademais, a organización confirmou tamén a incorporación do teclista Louis Suddarth Calhoun ao cartel deste espectáculo previsto para mañá e que se celebra na praza do Obradoiro da capital galega. O aforo está case completo.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.