Cóntanos cal é a mellor maneira de defender o galego

Tres millóns de galegas e galegos son tres millóns de maneiras de falar e de querer a lingua propia de Galicia. Cóntanos cal é a túa deixando un comentario aquí ou cun correo a tresmillonsdeideas@xornaldegalicia.com
Xornal.com Actualizado 15/07/2009 - 16:37 h.
139 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 41 voto/s

Escribir unha declaración de intencións nunha camiseta e poñela para facer o exame de selectividade. Reunir a milleiros de persoas nas rúas de Santiago no Día das Letras Galegas. Redactar un manifesto e recabar sinaturas co obxectivo de que cheguen a ser 15.000 e o Parlamento se abra a unha iniciativa lexislativa popular. Crear unha ou dúas ou tres plataformas cidadás para lembrarlle ao poder político que a lingua é de quen a fala e que na súa defensa caben todos. Artellar unha cuarta para renovar os folgos dunha das máis activas asociacións na súa defensa. Emitir un comunicado institucional cando parece que o Goberno quere crebar o consenso. Poñer a lingua sobre a mesa dunhas xornadas sobre educación e filosofía. Aproveitar a entrega dun premio, sexa literario, audiovisual ou doutro tipo, como escaparate para a reivindicación da dignidade. Contrariar ao teu propio partido político cun pronunciamento público nun acto de homenaxe. Ou lanzar unha campaña para buscar un amante que fale galego. Hai moitos xeitos de defender a lingua propia. Tantos como galegos e galegas hai en Galicia e fóra de Galicia. Tres millóns de ideas empezando pola túa. Compártea!

 

Xornal.com recollerá neste espazo opinións, réplicas e suxerencias que teñan relación coa convocatoria, sempre que sexan respectuosas cara ás persoas e as institucións. Aquelas achegas que non se axusten a estes criterios poderán ser retiradas.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Proposta
alfonso
2009-09-28 17:40:44
Para María Fernández Paz, na miña vida leín comentario máis atinado sobor da nosa lingua, BRAVO MARÍA!! E por iso eu o que faría é ensinarlla ós que ven de "fuera" xa que moitos deles son máis defensores e apreciadores do Galego que moitos de por eiquí...qué mellor forma que regalar un curso de Galego, curto e divertido, nos centros de hostelería -hoteis, casas rurais,...-. Moitos deles o apreciarán máis ca o típico gallego tontorrón e despreciativo coa súa lingua. Ler ó catalán Francisco Espinás e as súas viaxes por Galicia, por exemplo. Repito BRAVO MARÍA!!
2
Regalarla
maría fernádez paz
2009-08-17 20:28:56
lo único que puede salvar hoy nuestra lengua propia, es regalarla a una comunidad importante, que sólo disponga de una oficial, y que su pueblo sea lo suficiente orgulloso e inteligente, de protegerla y promocionarla, otro gallo cantaría a nuestras letras si no perteneciera a los gallegos.
3
Falo prós soberbios,falo prós ruíns,prós estúpidos...
Españoles, Franco ha resucitado
2009-08-09 23:51:37
Hai que defender o idioma como sexa: con rabia, con furor, a metrallazos. Hai que defender a fala en loita rexa con tanques, avións e a puñetazos. Hai que ser duros, pelexóns, intransixentes cos que teñen vocación de señoritos, cos porcos desertores repelentes, cos cabras, cos castróns e cos cabritos. Temos que pelexar cos renegados, cos que intentan borrar a nosa fala. Temos que loitar cos desleigados que desexan matala e enterrala. Seríamos, sen fala, uns ninguéns, unhas cantas galiñas desplumadas. Os nosos inimigos saben ben que as palabras vencen ás espadas. O idioma somos nós, pobo común, vencello que nos xungue e ten en pé, herencia secular de cada un, fogar no que arde acesa a nosa fe.
4
UNHA TELEVISON MELLOR
pepelu
2009-08-02 13:08:27
IMAXINADE A SERIE "HOUSE","LOS HOMBRES DE PACO" , AS SERIES PARA NENOS QUE BOTAN EN DISNEY CHANNEL, GRANDES DOCUMENTALES QUE BOTAN NA 2 ETC QUE FORAN EN GALEGO NON SE PODE?
5
FALA GALEGO
Africa
2009-07-31 21:41:44
Fala e pensa en GALEGO é a única forma de que siga VIVO.
6
Para Sayid
XG
2009-07-26 00:55:45
¿Cómo que non entendes o que di Nostrus?. Explícocho: el di que non tes dereito a vivir nin en galego nin en castelán, pq a sociedade non vai a depender de ti (xirar ó teu arredor). Se queres saber que dereito tes, Nostrus explicoucho a continuación: o dereito é de quen fala e escribe, non de quen le e oe; de forma que tes que falar e escribir sen parar, senón perdelos dereitos. En caso extremo terías que buscar un traductor. É clarísimo: terían dereito a recibir información en castelán só os que "de verdad" non comprendan o galego, e dicir: que se queres ler ó Marques de Santillana ou a Juan de la Cruz no seu castelán, non terías dereito a facelo. E peor sería que se te ocurrirá ler a Calderón en alemán -aínda que penses que sona ben- nin a Goethe na súa lingua nativa. Todo eso son caprichos -non di se penalizados- e non dereitos. Esa é a súa profunda opinión. (Nostrus: xa te avisei que se ti non falas en serio non se te pode tomar en serio)
7
Para Sayid
XG
2009-07-25 23:03:25
Escoita: o que eses realmente defenden é a supremacía do castelán -e por aí a diglosia; pero non poden dicilo desa maneira e minten dicindo defendela libertade e o bilingüismo. Non entran nestes foros para discutir razons, senón para enredar e ofender...a ver se alguén pica. Non hai forma de razoar coeles pq non se discute un erro a corrixir, senón unha mentira que non pode ser recoñecida como tal. Non perdalo tempo discutindo coeles, nin te enfades. Esquéceos, que se aburran eles sós. Ti pensa en formas de defendelo galego.
8
Librarmos de Feijoo para defendelo galego.
XG
2009-07-25 22:49:55
Onte, ante os restos de Castelao, Feijoo dixo as seguintes palabras: "os mortos anónimos que constituen o pobo galego ...son os seres innombrados que ninguén lembra xa e que todos xuntos forman o SUBSTRATO INSUBORNABLE DA PATRIA GALEGA. Esas almas sen nome que crearon o idioma en que lles estou falando, a nosa cultura, as nosas artes, os nosos uso e costumes, e, en fin, O FEITO DIFERENCIAL DE GALICIA". Esas son palabras dun galego conscente do seu, que Feijoo fixo súas. Hoxe leo en "Libertad Digital", periodico ultra madrileño, reseña de unha entrevista a Feijoo (parece que tamén hoxe)na COPE: "Feijoo promete 'reponer los derechos civiles' en los colegios de Galicia....ha asegurado que la Consejería de Educación ya ha dado instrucciones a las autoridades pertinentes para que los alumnos que lo deseen puedan examinarse en castellano y puedan dirigirse al profesor en el idioma que así lo estimen oportuno....ha sido contundente 'vamos a reponer los derechos civiles en todos los colegios gallegos'....". En Madrid, en medios ultras di outra cousa. Ten lingua realmente bífida, como as cóbregas. ¿Explicación?. É un trepas amoral, o único que lle interesa é medrar e fala -minte- segundo lle conveña. Caeunos unha peste. Para defendelo galego (e, de paso, nos mesmos)temos que librarmos del.
9
Sayid Jarrah
2009-07-25 22:43:03
Que carallo queres dicir con todas esas frases inconexas nostrus???, porque non teño dereito eu, e a comunidade de galegofalantes que son aproximadamente dous millóns e medio, a ter a opción de ter dvd´s en galego, ou que os servizos de atención ó cliente dalgunha empresa estén nesta lingua, por exemplo... Porque por exemplo, os eslovenos que son menos, e xa pro caso coñecen o serbo-croata e o inglés, si teñen esta opción?, porque nós os galegofalantes temos que aceptar que na nosa vida non temos a opción, nin o dereito a reclamar toda unha serie de produtos, servizos ou actividades na nosa lingua, por ser un capricho???.

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.