Feijóo xa ten diante a 40.000 defensores da lingua galega

Unhas 40.000 persoas secundaron o 17 de maio nas rúas de Compostela a convocatoria en defensa do galego
Rodri Suárez / Santiago Actualizado 15/07/2009 - 01:45 h.
30 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 64 voto/s

Algún vento raro debe andar polo aire cando a xente reivindica a primavera. Onte, en Compostela, catro rapaces de curta idade saíron ás rúas de Compostela cunha pequena pancarta que simplemente dicía “mil máis”. Referíanse as primaveras que Cunqueiro lle desexaba á lingua galega. Detrás deles, con certa conxunción matemática, as mil estacións e os catro cativos convertéronse en 40.000 manifestantes, as que tomaron Santiago no Día das Letras Galegas para celebrar o idioma propio do país e solicitarlle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que non permita “nin un paso atrás” na defensa do galego e rectifique os seus plans iniciais para derrogar o decreto que regula a súa aplicación no ensino. Fixérono ao grande, superando as previsións máis optimistas e sen deixarse reducir pola choiva. Con apenas un mes no poder, o goberno do PP xa atopou enfronte a 40.000 persoas. E non deben ser doados de calar. Din estar aliados coa primavera.

Caeron chuzos en Compostela. Nos momentos nos que escampaba, estes convertíanse en pelotas no tellado de Monte Pío. Polo menos un por cada cabeza que acudiu á convocatoria de A Mesa pola Normalización Lingüística, feita baixo o lema de “o galego, a nosa columna vertebral”. No terreo práctico, a función vertebradora tamén foi cousa dos paraugas. Hai algo de máxico na relación entre algunhas manifestacións históricas e a chuvia dende aquel 1 de decembro de 2002 que xuntou a 200.000 persoas tras a catástrofe do Prestige. Daquela tamén choveu arreo. E, como onte, ese mecanismo que naceu da intelixencia para crear resistencia e ao que chaman paraugas deixouse ver por milleiros. Non deixa de ser simbólica a súa función en datas como este 17 de maio, coa que está caendo. Porén, non pareceu que o entusiasmo dos manifestantes se deixara encoller. Ao contrario. Será porque en Galicia a auga forma parte da primavera.

A marcha convocouse ás doce da mañá na Alameda. Partiu con media hora de retraso por problemas organizativos, cos responsables de A Mesa desbordados –e felices– pola afluencia masiva e as noticias que chegaban dende algúns puntos das peaxes de acceso a Santiago, atascados. Á espera, consignas que dada a metereoloxía semellaban inspiradas por Pemán: “Mollámonos polo galego”. Non era allea a cuestión medioambiental. Os ecoloxistas de Adega vendían nun posto camisetas nas que reivindicaban a lingua como un elemento básico do ecosistema propio. Presidía a marcha a rapazada e as pancartas da entidade organizadora. Logo, deixábanse ver asociacións, sindicatos e forzas políticas. Xa a piques de comezar a andar, o presidente de A Mesa, Carlos Callón, contestaba as palabras nas que Feijóo dicía que o galego “non é propiedade de ninguén”. “Pois que se apropie de el e o defenda. E que se apropien do idioma tamén os seus conselleiros, como Farja, que é incapaz de falalo”.

Cifras

Falábanse moitos idiomas onte no centro de Compostela.Trátase dunha capital políglota, sobre todo os domingos pola mañá, con decenas de turistas de paseo, onte con xesto sorprendido ante a marea humana. Ademais do maioritario galego, escoitábase francés, inglés, portugués e, por suposto, castelán. Este último, entre os visitantes pero tamén entre os manifestantes, o que servía para negar esa imaxe de tribo pechada que certas correntes queren aplicar sobre os manifestantes a prol da lingua. No subconsciente de moitos estaba outra convocatoria, aquela de signo claramente contrario na que os paraugas misturaban rojigüaldas con ikurriñas sen deixar espazo para a franxa azul sobre fondo branco. Foi a que realizou Galicia Bilingüe en febreiro, en plena e medida precampaña electoral. A plataforma que preside Gloria Lago xuntou entón a catro mil persoas. Onte, ese rexistro foi multiplicado por dez.

Toda manifestación adoita xerar unha guerra de cifras. Na de onte, os organizadores falaron de “máis de 50.000 participantes”, mentres que a policía municipal apenas deixou caer que habería “máis de 20.000”. O cálculo feito por Xornal de Galicia indica que no seu momento álxido –ao chegar a cabeceira á Praza de Galicia, cunha cola detrás que abranguía as rúas Doutor Teixeiro, Doutor Puente Castro, República Arxentina, Hórreo e Senra, e con milleiros de manifestantes esperando ao pé da Alameda– foron arredor de 40.000 os que secundaron a convocatoria de A Mesa. De feito, cando os que abrían a marcha xa estaban no punto de destino, a Praza da Quintana, aínda estaban saíndo grupos dende o inicio. Callón pediu sorrintes desculpas polo “erro organizativo” e por non ter pedido autorización para “acabar no Obradoiro”. Iso foi antes de que proclamara que aquela era “a maior manifestación da historia en defensa do galego”.

Parodias

Como xa comeza a ser clásico en moitas convocatorias –especialmente naquelas que comandan os sectores considerados progresistas– a teatralidade ocupou un destacado espazo. Nesa liña ridiculista que tamén remonta ás mobilizacións de Nunca Máis e o Prestige, un grupo de cabezudos representaron unha escena disparatada na que un alumno era tachado de “radical” por dicir O Carballiño en lugar de “El Roblecito” ou Boimorto na vez de “Buey Muerto”. Máis agochados pola multitude, outros representaban a unhas nais de loito polo males que podía provocar no seu fillo aprender galego na escola. Parodias que se misturaron cunha amplia representación do mundo cultural no que se foron visibles persoeiros como Manuel Rivas, Yolanda Castaño, Teresa Moure, Antón Reixa, Margarita Ledo ou o histórico galeguista Avelino Pousa Antelo, que con 95 anos tirou forzas para participar na marcha e incluso ler parte do manifesto, intre no que recibiu unha espectacular ovación.

Tamén foi numerosa a presenza de sindicatos –CIG, CNT, STEG, SLG ou Comités– mentres que das organizacións políticas só se deixaron ver con claridade os independentistas de FPG e Nós-UP (que atacaron a “imposición do castelán”) ademais do BNG, a única presente das tres parlamentarias. Por elo, algúns dos convocados botaron en falta a presenza oficial do PSdeG, responsable do decreto que a Xunta pretende derrogar e que tamén –cos seus lóxicos matices– amósase crítico coas intencións lingüísticas do PP. “Se eles e o resto de sindicatos se suman, poderíamos ter unha forza semellante ao do Prestige”, comentaba un manifestante sacando do peto a recorrente referencia. De xeito individual, puidéronse ver bastantes rostros relacionados coa esquerda non nacionalista, algúns clásicos como o do socialista Xosé Luís Rodríguez Pardo ou o ex deputado do PCG e analista político Anxo Guerreiro. Pero a representación máis numerosa estivo a cargo do BNG. Guillerme Vázquez estreouse como voceiro nacional na rúa, e ao seu carón camiñaban Carlos Aymerich, Teresa Táboas, Francisco Jorquera, Ana Pontón, Francisco Rodríguez, Santiago Domínguez ou a candidata europea Ana Miranda. Tamén estaba presente Xosé Manuel Beiras e o seu compañeiro en Encontro Irmandiño, Martiño Noriega.

Rematou a marcha con Callón prometendo volver “se Feijóo non protexe o idioma”. Rivas declarou que “unha lingua é como un río ou un bosque, por moitas que haxa sempre parecen poucas”. Moitos eran os berros a prol do galego. Hai quen prevé que aínda se escoiten hoxe na Xunta. Como a chuvia ou a primavera, será cousa da natureza. Por algo acabaron cantando Os Pinos.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
40.000 non 40.000.000 millóns
yo hablo castellano! tiqui,tiqui,tiquiiiiiiiiiiii!
2009-05-19 15:43:48
a democracia do número e o griterío,volve "nunca máis",ou a democracia das masas ...próximo capítulo:Feijoo a quién hable castellano le reventaremos el a......
2
son lo mismo
Jose f. g.
2009-05-19 14:30:16
ocultos bajo su ropaje de demócratas solo veo ropajes pardos,camisas de los que no soportan la libertad, por que esta no les da la razón, necesitan violentarla,para dar satisfacción a su enfermedad,ellos,la mesa,convocaron,ellos son responsables de lo que allí se grito...gloria pim,pam,pum,!,los ataques con pintura a establecimientos plenamente legales, por parte de estos manifestantes,y el sr. callón ahora se quiere lavar las manos,y se queja de que no había policia,cuando este sr. la denunció por su actuación contra los grupos terroristas que trataron de reventar la manifestación de galicia bilingue, son todos lo mismo,arropados bajo la misma bandera,ud. sr. callón es el máximo responsable de lo que allí pasó.alimentan el odio a lo común y fomentan la violencia social,miente y,manipulan,la sociedad gallega toma nota y desde su sabia paciencia sabrá actuar llegado el momento,no le quepa duda,tranquilo nosostros sí somos democrátas y nunca usaremos la violencia,siempre hablaremos en las urnas,la única manifestación legítima en democracia.
3
una nueva vieja religión
sartre
2009-05-18 22:51:00
Alla van los ciudadanos unidos cada uno como un todo un espíritu,una lengua ,una pasión, muerto el individuo que nos queda, un patio,un rincón, una escalera, un refugio de silencio ante el horror, de este monstruo que despierta, al grito de nación, locura colectiva que por vieja, retorna a esta europa de la unión, perplejos y asustados algunos contemplamos, la muerte paulatina de la razón, han muerto las creencias religiosas, bienvenida la nueva religión, aquellos que se aparten de este iglesia, les espera el anatema por traición, hoy es Galicia Bilingue mañana cualquier persona que se atreva a defender su propia identidad. caminan felices todos juntos, si, pero se muere la libertad.
4
liberdade
pedro roma
2009-05-18 22:48:01
eu tamén son bilingüe pero non vexo ningunha imposición nun decreto que sae dun plan aprobado por todos. en fin, unha mágoa que haxa xente que odie o galego
5
Para paraaliciente
xanca
2009-05-18 20:56:03
Estou dacordo contigo. Houbo eleccións e hai un partido que gañou e espero que cumpra as súas promesas. Así podrei optar a que os meu fillos sexan escolarizados unicamente en galego. Feijóo dixo que cada pai ou nai podería escoller a lingua na que escolarizar ó seu fillo. Polo que eu estou encantado de que cumpra a súa promesa. Agora ben, espero que a ningún profesor se lle ocurra falarlle en español, pois segundo Feijóo teño dereito a elexir libremente como educar o meu fillo.
6
HITLES TAMEN GAÑOU
XANXAN
2009-05-18 19:57:46
Hitler, tamen gañou unhas elección. E Haider era do partido liberal Austriaco, e todas as mañas entrenabase con unha diana con a cabeza de un xudeo
7
GALICIA VIVA
JESUS
2009-05-18 18:47:54
Por lo visto ayer Galicia sigue viva. Yo personalmente hablo gallego y castellano,pero no estoy de acuerdo con Galicia Bilingue,estos son una organización de retrogados ultraderechistas
8
Aclarando
Andrés C.
2009-05-18 18:36:02
"paraaliciente", por mucho que lo repitas, no se va a convertir en verdad. La mayoría de los gallegos no votó al PP. La mayoría de los votos fueron a parar a los partidos que integraron el bipartito. La mayoría de los gallegos no queremos que la consellería de educación actúe siguiendo el dictado de asociaciones extremistas que buscan el fin del idioma gallego.
9
Los electores DECIDIERON
paraaliciente
2009-05-18 16:55:37
Hubo elecciones y un Partido acudió a ellas diciendo que suprimiría el famoso Decreto. Los gallegos le VOTAMOS. Ganó las elecciones y DEBE cumplir lo prometido. Da igual que protesten 50.000 o 500.000. Los votantes hablaron y los demás deben acatar por gusto o a disgusto la decisión de las urnas.

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.