Máis de 1.300 persoas firman en só cinco días contra a Política Lingüística da Xunta

Preséntase en Vigo unha nova plataforma que cre que a lingua “é un patrimonio da humanidade que debemos custodiar como medio de comunicación e creación”
David Reinero Actualizado 15/07/2009 - 01:44 h.
3 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 14 voto/s

O manifesto “Galego, patrimonio da humanidade” presentouse onte en Vigo, na Casa Galega da Cultura, avalado xa por máis de 1.300 destacadas sinaturas nos escasos cinco días que leva circulando por internet. A lectura do texto correu a cargo do editor Manuel Bragado, que estivo acompañado na mesa polo escritor Xabier Docampo e polo profesor Antón Baamonde. Todos eles destacaron o importante número de adhesións recollidas en tan so cinco días xa que “enviamos o texto a 40 ou 50 persoas, e de xeito viral comezaron a chover as sinaturas”.

Bragado salientou a importancia das persoas que se sumaron ao manifesto e enumerou a algunhas como exemplo: “Están os secretarios xerais de UGT e CCOO en Galicia, da CIG en Vigo, os presidentes das asociacións de escritores en lingua galega e máis de cincuenta catedráticos”, entre outras figuras como o notario e ex presidente do Consello da Cultura Galega Alfonso Zulueta, ademais de numerosos políticos de PSOE e BNG ou camioneiros, dependentes e funcionarios.

O manifesto, de algo menos dun folio, pretende, segundo confesou Bragado, defender o galego “cun novo ton, cun novo discurso que permita ampliar o perímetro do abrazo á lingua de todos cun texto modesto que puidese ser apreciado por sensibilidades diversas”. Así, o texto indica que “a liberdade e o dereito ao uso do idioma propio foron historicamente da man” e engade que “a pretensión de facer crer nunha inexistente imposición lingüística disimula o intento de liquidación do idioma galego e de supremacía do castelán”.

“O PP saíu do consenso"

O manifesto tamén critica a política do Goberno galego e indica explicitamente que “o PP saíu do consenso, pero gañar unhas eleccións non autoriza a destruír o que é unha das bases da convivencia na nosa sociedade e un dos signos da nosa existencia como país”. Por último, o texto reclama “a volta do PP a un terreo común” xa que “o idioma de Galicia é un patrimonio da humanidade que debemos custodiar e garantir como medio de comunicación e de creación”.

Durante a súa intervención, Antón Baamonde salientou que a novidade dos actuais ataques ao galego “é que van contra a propia tradición do PPdeG”. Pola súa banda, Xabier Docampo defendeu que “este é o manifesto da cordialidade, os cordiais somos nós”.

Na sala atopábanse presentes e tomaron tamén a palabra en defensa do galego, entre outros, o decano dos avogados vigueses, Alfonso Álvarez Gándara –“avanzamos no etiquetado das latas de conservas pero perdemos o relevo xeneracional”–, ou a catedrática Camiño Noia, que criticou por “provocadora” a intervención o xoves do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ante o Consello da Cultura Galega.

O manifesto, indicaron finalmente os seus impulsores, continúa colgado en internet (http://galegopatrimoniodahumanidade.blogaliza.org) e aberto a novas adhesións. Ademais, tras o verán realizaranse novas presentacións do texto como a celebrada onte en Vigo noutras cidades galegas. “Non nos corresponde a nós a propiedade do documento, será a iniciativa cidadá a que decida o seu futuro”, rematou Bragado.

O manifesto presentado onte é o primeiro texto colectivo impulsado para a recollida de sinaturas pero constitúe a segunda plataforma cidadá (a primeira impulsouna a Mesa Pola Normalización Lingüística) creada fronte ás medidas do Goberno galego contra o consenso lingüístico emanado do Estatuto de Autonomía. Ademais, aínda hai outras dúas plataformas en xestación.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
NON Á MORTE DO GALEGO!
MARIBEL LADO GARCÍA
2009-07-11 23:24:55
Nunca vin situacións de perigo para o castelán, qo nas que fose "atacado". Pola contra vivín situacións de desprezo -a centos- ás perosas que falabamos a nosa lingua. Ben, desto hai tempo, xa pasou, e os que o vivimos non permitiremos que se repita contra ningunha lingua. Necesito defender a miña lingua, que a defendamos, "é de lei"
2
Veritas est index sui et falsi
Pedro Bravo
2009-07-11 20:15:05
Ti, e as cousas coma ti, sim que nom dades para mais. Nem falar sabes, como nom vas falar do que nom sabes "nem queres saber"?
3
Sr. Bragado
ANA
2009-07-11 16:24:10
Sr. Bragado, Vd. es director de qué?.....Lógico que defienda su chirinquito. Pues venga los que también tengan negocio parecido u outros chiringuitos lingüísticos a firmar sin olvidarse del bloque.No dará la cosa para más.Os defiendo al 100 x 100% que reivindiqueis a utilizar sólo el galego, PERO DEJAD QUE LOS QUE ELIJAMOS EL OTRO IDIOMA OFICIAL EN PAZ. DOS IDIOMAS MISMOS DERECHOS!!!!!!!!!!

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.