Manifesto: “Gañar unhas eleccións non autoriza a destruír unha lingua”

Texto íntegro da iniciativa Galego, patrimonio da humanidade, publicado en galegopatrimoniodahumanidade.blogaliza.org.
Xornal.com Actualizado 15/07/2009 - 00:29 h.
14 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 28 voto/s

“Ata hai pouco tempo era un valor compartido, que formaba parte dos consensos básicos sobre os que se articulaba o autogoberno de Galicia, que o idioma galego era merecente dunha especial protección por parte dos poderes públicos. Ese valor partía da subordinación histórica dun idioma que foi sempre o das maiorías populares pero que tamén estivo sempre discriminado ou proscrito, salvo nos períodos en que Galicia e España gozaron da democracia. A liberdade e o dereito ao uso do idioma propio foron historicamente da man. A pretensión de facer crer nunha inexistente imposición lingüística disimula o intento de liquidación do idioma galego e de supremacía do castelán. Os que tal sosteñen queren evitar a presenza do galego nas súas vidas para pecharse en ámbitos en que o castelán sexa o único idioma. Pero Galicia é unha sociedade na que se falan dúas linguas que, non se pode negar, están en situación de desigualdade, polo que o galego debe recibir unha especial protección. Só así se poderá afirmar que se actúa en xustiza e na procura da igualdade entre os dous idiomas.

Esa é a letra e o espírito da Constitución, do Estatuto de Autonomía, e da vixente Lei de Normalización Lingüística. As sentenzas do Tribunal Constitucional así o confirman. Sen embargo, o PP saíu do consenso. Pero gañar unhas eleccións non autoriza a destruír o que é unha das bases da convivencia na nosa sociedade e un dos signos da nosa existencia como país. A sociedade galega que sente aprecio cara a súa lingua -independentemente de cal sexa o idioma no que se expresa usualmente- debe reclamar unha volta do PP a un terreo común. Tamén mostrar o seu acordo coas políticas de afirmación positiva para o idioma galego, que o propio PP impulsou desde a Xunta, e que non buscan senón a súa protección. O idioma de Galicia é un patrimonio da humanidade que debemos custodiar e garantir como medio de comunicación e de creación”. [Texto íntegro do manifesto Galego, patrimonio da humanidade].

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
hipocresia
 
2009-07-25 12:55:45
Explicando qué es el "derecho a vivir en gallego" para algunos: "Os que tal sosteñen queren evitar a presenza do castelán nas súas vidas para pecharse en ámbitos en que o galego sexa o único idioma"
2
Galego
Carlos J.
2009-07-16 15:32:33
En todos os comentarios que se escriben aquí, en todas as intervencións públicas de todos os cargos políticos deste país, incluidos os dos que se autodefinen como defensores da lingua e cultura galegas, quizais con máis delicto precisamente por iso, en todo iso, digo, cometemos moitísimos erros (eu o primeiro). Non me parece que ocorra o mesmo cando se emprega o castelán. E aínda din que non fai falta impartir materias en galego, e non se obriga aos aspirantes a funcionarios e funcionarias da administración "galega" a facer os examen na lingua propia, e aínda din que se impón tal idioma. Vaites, vaites...
3
Que noxo dades
Juan Rua
2009-07-15 13:58:06
Pontevedresa, quen minte para acadar poder, etc, xamais será unha persoa digna. Argumentar con persoas que se expresan como ti, é perdelo tempo non se lle pode ensinar a un cego de nacimento o que son as cores, nin darlle intelixencia e sensibilidade a quen non a ten. A solución con o PP pasa por chimpalo fora canto antes, usando os suzgados ou as eleccions. Deica nunca.-
4
Eleccións nas democracias
Juan Rua
2009-07-15 03:16:33
.As eleccións nas democracias se fan pra elexir persoas que sean as mais idóneas posibles pra que gobernando dentro da ley, se acade o máximo benestar para todos e cada un dos cidadans. E dicir, non se poden facer elección para ver si duas mais duas son catro ou cinco, como parece ser que quere facer o Feijó coa lingoa.-
5
A qué se refiere este artículo?
Alex
2009-07-09 15:10:27
Mucho texto para decir que el PP se dedica a destruír el gallego. ¿Destruirlo como? ¿a que os referís? me he quedado sin saberlo.
6
para galegoman y demócrata
Adrian
2009-07-07 10:56:23
Quédome atónico da gala que facedes da ideoloxía nacionalcatólica e/ou nacionalcentralista. De entrada, galegoman arrógase o dereito de considerar a TODOS os galegos e galegas como non nacionalistas, cando todos somos nacionalistas en algunha medida, pero básicamente arredor de 2 polos: nacionalismo galego, e nacionalismo español. Por outro lado, a demócrata se lle nota moito o tufo do movemento...
7
Para demócrata...
Adrian
2009-07-06 09:43:31
Pero que medo que das... eu, por si acaso, salúdote como mereces, por si acaso no futuro te acordas de min... ARRIBASSSSAPÑÑÑÑIA... VIVA FRANCO!!!
8
te lo explico carlos
galegoman
2009-07-04 13:15:29
simplemente que los gallegos(la mayoría) no somos nacionalistas,no compartimos la visión identitaria de la lengua y su uso político,ni siquiera tragamos con el cuento de su desaparición y por supuesto nos sentimos tan gallegos como españoles y consideramos que el castellanos es tan nuestra com o el gallego,así de simple y complejo.cada vez soportamos menos a los nacionalistas radicales y a los que juegan a robar los derechos de los ciudadanos.
9
manifiesto?
demócrata
2009-07-03 22:25:34
manifiesto... no mas mierda nacionalista...los enemigos de españa y de la libertad que esta garantiza...su excusa la lengua...su objetivo la destrucción del estado y el sometimiento de los individuos a su ideologia totalitaria...los gallegos os conocemos bien y por eso jamas haremos y permitiremos los que han hecho los mismos en cataluña, la anulación de derechos fundamentales y la supresión del castellano de la vida publica, auténticos sinverguenzas...que como un boomerang se les volverá en su contra por que estáclaro que el problema son las autonomías...y un pesoe que traga con todo con tal de seguir en el poder...en las proximas elecciones tenemos que hablar claro y expulsar a todo este ganado enemigos de la libertad y la democracia de las instituciones...

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.