A Mesa recolle firmas para unha plataforma en defensa do galego

A asociación que preside Carlos Callón comezou a buscar apoios para impulsar unha iniciativa lexislatica a prol do idioma de Galicia
Xornal.com Actualizado 14/07/2009 - 23:43 h.
6 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 12 voto/s

A asociación A Mesa pola Normalización Lingüística comezou hoxe a buscar apoios co obxectivo de crear unha nova "plataforma social ou de estrutura cidadá" para dar impulso a unha iniciativa lexislativa popular (ILP) "en defensa do galego" e que garanta "o seu uso ante as Administracións públicas".

Así, durante a asemblea na que máis de 50 representantes de colectivos sociais, políticos e culturais de Galicia debaterán a iniciativa, o vicepresidente de A Mesa, Fran Rei, manifestou que a súa intención é que a plataforma "naza con vontade de pluralidade ou diversidade" e cunhas características similares a 'Nunca Máis' aínda que, recoñeceu, "salvando as distancias".

Por iso, explicou que un dos principais obxectivos da reunión de hoxe será o de "sumar distintas voces e iniciativas que neste momento se están a levar a cabo, ou que se poderán levar a cabo no futuro, en defensa da lingua".

"Estamos a ver como xorden, a nivel colectivo e a nivel individual, iniciativas con persoas coñecidas de diferentes ámbitos, de relevancia, que nos parecen moi positivas e dende A Mesa aspiramos a crear un espazo para unir estas propostas de traballo", sinalou.

Así, a súa proposta -que en principio levaría o nome de 'Queremos galego'- centralízase en "impulsar e divulgar unha iniciativa lexislativa popular para garantir o dereito ao uso do galego ante as administracións públicas" e o seu uso nos poderes públicos.

"Vemos que se están a producir retrocesos graves no ámbito legal, como pode ser a modificación da Lei de función pública ou o decreto do uso do galego no ensino, que ten os días contados", lamentou.

Por iso, considerou "necesario blindar a oficialidade do galego a todos os niveis posibles", e avanzou que levarán a cabo "un traballo moi amplo e moi diverso de rúa, cidade por cidade, para acadar adhesións individuais e colectivas -á ILP-" e, así, "dar a coñecer a iniciativa en se e abrir un debate social" sobre o idioma.

Personalidades

A pesar diso, aclarou que, por agora, "a intención é recoller todas as propostas" e que estas dependerán "das entidades que decidan integrarse" na plataforma.

Entre as máis de 50 persoas de colectivos políticos, sociais e culturais e a título individual que acudiron á asemblea, atopábase o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao; a cineasta Margarita Ledo; ou a secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Moi plural
Fo
2009-07-15 12:40:23
Unha plataforma moi plural: as organizacións teñen que poñer 2.500 euros para participar. Que democrático, oiga!
2
para un galegoenparo
mariluz pellon
2009-07-14 09:02:34
pidelle os cartos a o sr.feijo que non fai máis que fiaxar para facer campaña ¿con que cartos se desplaza a os mitinis de madrid, valencia etc, que pasa máis dia fora que no goberno
3
Eu flipo
ALUCINADO
2009-07-08 13:37:44
Oes, galegoenparo, dis que non tes para comer e que os teus fillos pasan fame, e ti mentres despotricando en internet? Non tes diñeiro para comida pero si para a conexión? Pois si que...Parécesme un cabeza de familia un pouquiño irresponsable...
4
Héctor
2009-07-08 00:49:23
Isto é umha gram noticia, donde hai que firmar! E que querem volver á época de Franco, con "el idioma de todos los españoles" e o galego solo para falarlhe as vacas se queres.
5
más de lo mismo
ungalegoenparo
2009-07-07 23:19:36
coño! que estos tios ya no engañan a nadie,ni mesas,ni plataformas ni gruas ni nada, son todo lo mismo,el miasma nacionalista que lo invade todo sin ser nada politicamente hablando en galicia,ya pueden montar mil asociaciones distintas que siempre estarán los mismos ah y aun encima pretenderán recibir cartos públicos!que vayan devolviendo los millones que han cobrado...que somos miles los parados que no cobramos ni el subsidio...y empezamos a estar hasta los mismisimos de este tema del gallego,hassta los mismisimos por que mis hijos empiezan a pasar hambre y las palabras no dan de comer...salvo algunos y muy bien ...menudo pais tenemos..
6
mellor a outra cousa
dario
2009-07-07 22:48:21
A Iria e Galiza Nova mellor que se adiquen ao botellón e as cousas serias que llas deixen para as persoas serias. Esperemos que se sexa o máis plural posible e que os da "U" non teñan a intención de manipulala

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.