Lidia Senra: “Falamos na UE de poder vivir do noso traballo”

Participou onte dunha mobilización en Estrasburgo
Lara Graña Actualizado 15/07/2009 - 13:22 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

Mentres centos de tractores asolagaban as rúas de Santiago e Lugo, outra mobilización agrícola, esta vez de máis de 1.500 persoas e 200 destes vehículos, camiñaron onte en Estrasburgo para levar ás portas do Parlamento Europeo as demandas do sector en toda Europa. Lidia Senra, secretaria de Organización do Sindicato Labrego Galego (SLG), participou da protesta o mesmo día en que se coñeceu que os prezos en orixe dos produtos lácteos da Unión Europea (UE) reducíronse á metade en dous anos. No caso da manteiga, España rexistra as cotizacións máis baixas, segundo datos da Comisión Europea (CE).

 

Mobilizacións en Galicia e Estrasburgo... como transcorreu por alá a xornada?

Pois foi unha xornada moi satisfactoria, valorámola moi positivamente. Acudiu moita xente e chegamos ata as portas do Parlamento, onde nos concentramos preto de 2.000 persoas. Ademais, varios eurodeputados viñeron a amosarnos o seu apoio. Estivo Oriol Junquera e José Bové (Europa de los Pueblos-Verdes), Willy Meyer (Izquierda Unida) e un deputado socialista francés. Mantivemos ademais unha reunión no Parlamento na que se trasladou a proposta de que as organizacións agrarias teñan presenza na Comisión de agricultura.

 

Para trasladarlles...?

Para trasladarlles tres puntos básicos como son a reducción de produción, o mantemento do control de produción e a necesidade de que os prezos non poidan fluctuar co mercado, que se estableza un prezo mínimo. Temos o apoio de varios eurodeputados e esperemos que se concreten estas peticións na vindeira reunión, que agardamos sexa antes de rematar o mes.

 

E estará receptivo o Europarlamento?

Receptivos non o sabemos... Algúns si, así no-lo fixeron saber na mobilización. A partir de aí veremos cal é o debate e como acaba a cousa. Agora mesmo está claro que este momento é moi importante: a Comisión está elaborando un informe para Agricultura sobre a situación do sector, veremos cal é a posición. En calquera caso, o acto de hoxe–por este martes– foi fundamental, era a toma de posesión e os asistentes se toparon cunha forza que evidencia a crise agraria e leiteira.

 

Como será a posición de Francia? Excedentaria, importa masivamente a España...

Hai organizacións en Francia e Alemaña que piden o mesmo ca nós. Bové, por exemplo, apoia as nosas propostas. Nós non partimos dunha posición de Estado, senón dunha política leiteira. Nós só falamos de que se poña en marcha e de xeito efectivo unha política europea que nos permita vivir do noso traballo como gandeiros.

 

Están satisfeitos co rol ou co papel que está a levar a cabo en Europa a ministra española do ramo, Elena Espinosa?

Non, non...ada... é penoso o papel que está a levar a cabo Elena Espinosa, pero tanto na Unión Europea como no Estado español. Espinosa está a apoiar as políticas máis neoliberais para o sector agrario. O Sindicato Labrego Galego o que lle pide precisamente, a ela e ao resto de Europa, é abandonar eses posicionamentos para que aposten dunha vez por todas nun cambio de fondo dentro da política leiteira comunitaria. Desde logo, nós seguiremos na mesma liña para reivindicar o noso traballo, e pediremos que se nos faga escoitar en Europa para defender as nosas peticións.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.