Barreiro pide a defensa da lingua e un xiro do PP ao galeguismo

O vicepresidente do PPdeG considera que “está fora de lugar e sobre todo de época” o debate sobre o galego
Santiago Agra Actualizado 15/07/2009 - 01:19 h.
21 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 39 voto/s

“O galeguismo e a defensa e promoción do uso do noso idioma son os piares sobre os que se sustenta o ideario do Partido Popular de Galicia”, asegura o vicepresidente do PPdeG, Xosé Manuel Barreiro.

Nunha entrada publicada recentemente no seu blog o líder lucense reivindica o “compromiso galeguista do que sempre fixo gala” o PP e considérao “irrenunciable” e “un principio non só a manter, senón a potenciar”.

Barreiro di “rexeitar frontalmente esa dicotomía avivada den algúns ámbitos e dende algúns sectores políticos” arredor da lingua que “parecen querer obrigar a elexir entre o galego ou o castelán” e pensa “que todo este rifirrafe é desproporcionado e está fóra de lugar e sobre todo de época”.

O ex vicepresidente da Xunta asegura que é “un plantexamento con trampa” e “alleo ó sentimento maioritario da sociedade galega”.

Barreiro quere “deixar valeira esa estratexia de polarización” que “algúns están a alientar”. Segundo o líder lucense, a obriga a escoller entre galego ou castelán “vén a ser como esa pregunta maliciosa que selle fai ós cativos: a quen queres máis a papá ou mamá?”.

A pesar disto o vicepresidente do PPdeG asegura no seu texto non ter “dúbida de que o executivo galego actuará concienzudamente” para acadar “o maior grao de consenso sobre unha cuestión que é cousa de todos”.

Como contraposición á actual situación reivindica a figura de Ramón Piñeiro como “defensor a ultranza do galego” pero “sempre partidario de despoxalo de calquer bandeira política”.

Nesta cualifica como “un referente a ter en conta” o posicionamento da Real Academia Galega en vésperas do último Día das Letras para “acadar un acordo social integrador” sobre a lingua.

Barreiro remata asegurando que o esforzo do PP “debe estar encamiñado” a lograr “a defensa da nosa lingua como sinal de identidade propio e intransferible”.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Si, prooo...?
Juan Rua
2009-07-15 14:13:53
Pode que o Barreiros e outros falen o que sinten, pro eu non me fío de todo. Que discrepen votando a favor do galego no Parlamento, e despois xa veremos.-
2
A demagoxia de Barreiro
Bradomín
2009-07-14 07:54:16
Pido disculpas por opinar sobre a noticia de xornal e non sobre o artigo de Barreiro que non puiden ler ate agora. Definitivamente, xa non ha galeguismo no PP, nin previsión de mudanza neste partido decididamente demagoxico e nacionalista español. Mexan por él e dí que chove...
3
Ata o "vice" do PP
Mariana
2009-07-13 23:49:22
Nin con Fraga, pasou o que esta a pasar agora. A ver se "Freixó" se deixa aconsellar polos seus e recapacita.
4
memoria
Roque
2009-07-13 22:56:55
Na mani de GB o 8 de febreiro do 2009, os que berraban eran: Dona Corrina Porro, Don Alfonso Rueda, Don I. Lopez Chaves, Dona Ana Pastor, ¿a que partido están eses señores afiliados?
5
PP=antigalegos
Roque
2009-07-13 22:54:01
6
DE LUGO
violeta
2009-07-13 17:47:00
É que en Lugo ,o PP ten algúns defensores da lingua e da cultura .Ben é certo que non -e o caso de García Díaz ou Cacharro nos seus tempos,pero...
7
Galeguistas no PP?
Bradomin
2009-07-13 16:19:47
Por fín falou alguén dos que deben (non Baltar nin Cuíña)..... ca boca pequena, non vaia ser. A defensa do PAIS (idioma, cultura, territorio, economía, sociedade.....) pasa por DECISIÓNS POLÍTICAS !!!!.
8
Un pouco de cordura
Jose Luis
2009-07-13 14:23:47
Menos mal que polo menos algún dos baróns (agora Barreiro, a semana pasada Baltar) poñen unha pica por defender ao galego. Ao menos intentan discrepar coa corrente oficialista de Feijoo e o seu conselleiro que parece que tanto lle deben a GB. Señores, pasen das palabras aos feitos polo ben do galego e de Galiza.
9
Magnífico o señor Barreiro!!
Xurxo Remeiro
2009-07-13 14:20:27
Moi boa achega a do señor Barreiro. Preocúpame o sectarismo dos que non lle reconocen mérito ningún. Dos que repiten só as consignas dos coroneis,dos que pensan que o cortello e seu....Así triunfou o sector ultra antigalego,porque estes listos non lle poden gañar a ninguén...

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.