A iniciativa 'Galego, patrimonio da humanidade' conta xa con máis de 2.000 adhesións e segue a recabar sinaturas na súa páxina web. A plataforma cidadá, que pretende converterse nunha iniciativa lexislativa popular no futuro, presentou a semana pasada en Vigo o seu manifesto básico. O editor Manuel Bragado, o escritor Xabier Docampo e o profesor Antón Baamonde deron conta do texto na Casa Galega da Cultura de Vigo. Nel reclámase ao PP que volva ao terreo común do consenso en materia lingüística.

