‘Queremos galego’, cuarta plataforma a prol da lingua

Cincuenta entidades constituirán o colectivo o vindeiro día 15, que xa traballa nunha iniciativa lexislativa popular
D.L. Actualizado 15/07/2009 - 01:51 h.
12 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 33 voto/s

Xa son catro as plataformas cidadás que, en diferentes ámbitos, se están a organizar en Galicia co obxectivo de mostrar, de xeito organizado, o seu rexeitamento á política lingüística do novo Goberno galego.

Aos tres colectivos que, tal e como adiantou Xornal de Galicia, comezaron en pasadas semanas a artellar diferentes iniciativas en defensa da lingua –dende as orientadas ao ámbito lexislativo ata as que apostan polo ámbito máis lúdico e reivindicativo– sumouse onte a impulsada dende A Mesa pola Normalización Lingüística.

Baixo a denominación ‘Queremos galego’, este novo colectivo agrupara ás en torno a cincuenta entidades que onte, nunha xuntanza celebrada en Santiago, sentaron as bases dunha plataforma que se constituirá como tal o vindeiro día 15, de novo na capital galega.

Estas entidades –entre as que se atopan sindicatos, organizacións políticas, equipos de normalización lingüística, asociacións de pais e nais ou centros sociais–, márcanse como primeiro obxectivo a posta en marcha unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) orientada á “blindaxe dos dereitos lingüísticos”.

Segundo apuntaba onte a este diario o vicepresidente da Mesa, Francisco Rei, a sesión constitutiva da plataforma terá xa sobre a mesa un bosquexo desta ILP, elaborada por membros do Observatorio de Dereitos Lingüísticos e que dirixirá especialmente a súa atención ao “ámbito da Administración”.

Esta iniciativa, explica Rei, faise necesaria dados os “retrocesos graves” que, dende o seu punto de vista, “se están producindo no ámbito legal, como na modificación da Lei da Función Pública” ou no “decreto de uso do galego no ensino, que ten os días contados”.

Ao tempo, ‘Queremos galego’ aposta por levar o seu traballo “rúa a rúa”, co obxectivo de captar tamén “apoios individuais”.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Para o Pedro Bravo
Gosefa de Meijende
2009-08-21 10:04:39
Pedro Bravo, seitarismo? Pedro Bravo, opacidade? Pedro Bravo, ritualismo? Os galegos e as galegas temos direito a fazer o que queiramos, e por suposto a desouvir estupideces de gente como tu, gente que vai de conselheiro cando é um simples cidadao que colabora como el quer, mais desde umha palestra seitaria e ritual como a tua. Cada um fai o que deseja e ten direito a seguir rituais e a se adscrever a seitas como ti fas e fan moitos e moitas outras. Ocúpate de trabalhar e deija-te de aconselhar. Sempre andas a sementar conselhos desde umha óptica reacionária esquecendo que cada um e cada umha fai o que quer, sen empezer ninguém. Ti, aconselhando e adoutrinando, empezes
2
Galiza colonia NON. Galiza con identidade e dignidade SI.
galego
2009-07-09 18:29:53
Hai quen esta pq Galiza non sexa outra cousa mais que unha prolongacion de Castela ou unha colonia de Madrid. E para iso hai que facer desaparecer a nosa lingua, historia e tradicions. Mentres se introduce o foraneo como é o castelan ou as touradas. O problema é que contan con aliados entre xentes da extrema dereita e alguns acomplexados que todavia non superaron o lavado cerebrar que lles fixo o franquismo asociando GALEGO = LINGUA DE ALDEANS PALETOS Contrariamente o que alguns pensan o galego segue moi vivo (a pesar dos politicos e empresarios galegos) e ten futuro, sobre todo se temos quen conta que e unha lingua irmanada co portugues que falan millons de seres humanos no mundo.
3
Defendamos o galego
Maria
2009-07-09 18:24:21
Un pobo non e nada se renega da sua historia e identidade. Defendamos o galego dos intereses economicos e dos iñorantes que queren enterralo pq consideran que Galicia non pode ser outra cousa mais que un pobo con xentes sumisas e colonizadas. Non somos unha nacion con historia e identidade, e con unha lingua das mais fermosas que debe ser defendida, coñecida por todolos galegos e que nos permita aportar algo neste mundo globalizado no que vivimos. Ninguen ten dereito a negarlle a un neno galego coñecer a lingua dos seus antepasados que non foi outra mais que a LINGUA GALEGA.
4
Non se tema á diversidade
XG
2009-07-08 20:58:49
Asinei o manifesto e Galego Patrimoi da Humanidade. A inciativa da Mesa saludoa, pero aínda non podo enxuizala pois de momento só sei da declaración de intencións escrita no boletín. Non ten que preocuparnos a diversidade de iniciativas; ó contrario, ¡máis houbera!. E poden seguir sendo diversas e autónomas. Pero, polo que toca a Iniciativa Lexislativa Popular, a intelixencia e a conveniencia mandan que se unifiquen nun só documento final. Ó parlamento debe chegar UN SÓ proxecto de Lei. De chegaren dous traballaríamos contra nós mesmos. Recórdese que falta un diputado, que teremos que por desde fora. A competencia entre iniciativas debe manterse dentro de un orde deportivo que aforre celos e favoreza o avance común. De aparecer sectarismo ¿non sabemos como tratalo?.
5
Deixádevos de minifundios e latifundios
Leiro
2009-07-08 18:59:05
Xa estamos coa merda do minifundio e que se este me chama non vou. Parecedes Elasno de Rotterdam, cona. Imos todos a unha, éme o mesmo quen carallo convoque, é unha causa común!!!!!Non vedes que a estes inimigos do galego o que mais lles presta é precisamente non vernos unidos? Eu, coma o 17, irei, porque eu entendo que eles poñen o seu poder de convocatoria ao servizo da causa da defensa do noso patrimonio cultural e a nosa identidad transmitida na lingua. Avante toda, todos co Manifesto e coa plataforma QUEREMOS GALEGO, ou non é o que queremos??
6
Eu, aos que amo, reprendo e corrijo
Pedro Bravo
2009-07-08 17:45:44
Neste momento (ou seja, sempre) cumpre fugir do ritualismo, do sectarismo e da opacidade. Essa iniciativa, que só atinge á administraçom pública, só pode ser o primeiro passo. Os sócios da Mesa temos de trabalhar com mais intensidade. Para isso viria bem que a página web da Mesa favorecesse a participaçom (nunca anónima) dos seus membros e simpatizantes.
7
Unidade e ánimo
Manuel
2009-07-08 14:53:36
apúntome á iniciativa, desde o reintegracionismo que me caracteriza, porque alén de tendencias ou posturas... é agora ou nunca... Non permitamos que o idioma morra. Unidade!!!
8
Xepe
Mutenrohi
2009-07-08 12:51:20
Mira Xepe, xa comezades a cansar un pouquiño os que ides por ahí dicindo "se van estos, non vou eu". Mira, se non queres participar, non participes, pero non busques excusas tontas para non facelo e aínda por riba facerte ilusións de que eres imprescindible. Xúntate cos que "non falan galego por que o falan os do bloque" e así montades un unha plataforma do esperpento. Que cansinos sodes!! Trátase de sumar. Considero que se deberían de xuntar nunha sóa plataforma que englobara a todos sen ter en conta a ideoloxía.
9
A lingua
rafa
2009-07-08 12:11:55
Somos os galegos os que temos que decidir ,e non os de fora ,pa eso somos un pobo, e non unha sucursal de madrid

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.