O aumento exponencial do número de habitantes en comunidades coma Cataluña, Madrid ou Baleares está na base do novo modelo de financiamento. O feito de que este criterio impere sobre ningún outro levou á Xunta a introducir no debate o peso da emigración. Segundo Feijóo, en caso de non atender as demandas galegas, Zapatero non só “minusvalorará” aos 2,8 millóns de habitantes da Galicia interior, senón que “ignorará” a 40.000 emigrantes.
