"Este video ya no está disponible debido a una reclamación de copyright realizada por Aardman Animations Ltd". Esta é a mensaxe que o portal de videos YouTube mostra ao tentar consultar a montaxe que, tal e como revelara Xornal de Galicia, fora realizada polo colectivo Galicia Bilingüe para, empregando imaxes da película de animación 'Chicken Run', criticar o nomeamento do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.
A decisión de YouTube -propiedade de Google- chega despois de que, como xa avanzara este diario, a produtora do filme advertise de que "investigaría" o uso desas imaxes nun contexto para o que non foron concibidas e que “tomaría medidas”.
