O director do Reina Sofía presidirá o xurado do concurso do CGAC

O portugués João Fernandes, do Museu Serralves de Porto, é o único estranxeiro no comité de expertos
Iago Martínez Actualizado 29/07/2009 - 20:31 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

Quince candidatos, dos que só tres son estranxeiros, aspiran a dirixir o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) a partir do mes de setembro. Un día despois de que finalizase o prazo para presentarse ao concurso internacional convocado para suceder a Manuel Olveira á fronte do museo, a Consellería de Cultura fixo públicos estes datos e avanzou a composición do xurado que avaliará os aspirantes. O director do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Manuel Borja-Villel, coordinará un equipode sete expertos. Só un vén de fóra.

O catedrático Simón Marchán Fiz é o único dos expertos que procede do mundo académico nun comité dominado por xestores culturais. Ademais de Borja-Villel sentarán no xurado o responsábel do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco), Iñaki Martínez Antelo; a do Centro de Arte e Creación Industrial Laboral de Xixón, Rosina Gómez Baeza; o do Museu Serralves de Porto, João Fernandes; a conservadora xefa do Museu d’Art Contemporani de Barcelona (Macba), a galega Chus Martínez; e o ex director do Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León (Musac), Rafael Doctor. Completa a nómina a directora de ARCO, Lourdes Fernández.

Os membros do comité recibirán toda a documentación nas vindeiras semanas, e unha vez avaliadas as distintas candidaturas, reuniranse en setembro en Santiago para tomar unha decisión definitiva. A elección terá que ser ratificada, sucesivamente, polo padroado do CGAC e a Consellaría de Cultura, que ten en exclusiva a potestade do seu nomeamento. Unha vez feito, comezará o seu ciclo: cinco anos.

Ao facer pública a composición do xurado, Cultura empeza a despexar as dúbidas sobre o proceso que se abriron tras a precipitada saída de Manuel Olveira do museo, ao que chegara a finais de decembro de 2005. Aínda que o conselleiro Roberto Varela xa anunciara que ía convocar un concurso internacional para elixir ao novo equipo directivo, especulárase coa posibilidade de que o ex director seguise no cargo até final de ano para facilitar a sucesión. Olveira e Varela chegaran a un acordo que finalmente, por causas que ningún dos dous explicou publicamente, non chegou a callar. Dende o pasado 22 de xuño, o principal centro de arte contemporánea de Galicia funciona sen director, e así seguirá até despois do verán.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.