Domingo, 21 de marzo de 2010 - 12:35 h

YouTube retira o video que Galicia Bilingüe empregou sen permiso

O portal de vídeos decide bloquear o acceso á montaxe despois dunha protesta da produtora responsable da película
D. L. Actualizado 26/07/2009 - 01:38 h.
2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 3 voto/s

“Este video ya no está disponible debido a una reclamación de copyright realizada por Aardman Animations Ltd”. Este é o texto que calquera internauta atopará ao tentar consultar, no portal YouTube, a montaxe que Galicia Bilingüe realizara, sobre imaxes do filme Chicken run: Evasión en la granja, para cargar contra o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.

A medida adoptada por YouTube –portal dependente de Google– chega despois de que, tal e como adiantara Xornal de Galicia, a produtora Aardman –responsable do filme, xunto con Dreamwoks e Pathé Pictures–, xa mostrara a súa intención de “tomar medidas” diante dunha utilización que, coas leis de dereitos de autor na man, se revela como ilegal.

Do mesmo xeito, xa o pasado xuño a produtora mostraba a súa intención de “investigar” a montaxe elaborada polo colectivo contrario á normalización da lingua galega, ao considerar que as escenas do filme foran empregadas nun contexto para o que non foran concibidas.

 

PROTESTAS

As protestas da compañía produtora chegaron despois de ser alertada por diversos internautas que, dende Galicia, puñan a Aardman sobre a pista do vídeo, elaborado pola presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago.

Xunto a estas reclamacións, foi un correo electrónico do tradutor e intérprete galego Jairo Dorado Castilla o que finalmente decidiu á empresa responsable do filme a “tomar medidas”.

Dorado, afincado na cidade bosnia de Saraievo, interesárase sobre a posibilidade de que a compañía realizadora de filmes tan “intelixentes” coma Chicken run apoiase os postulados contrarios á presenza do galego no ensino.

Logo desta consulta, Aardman Animation non tardou en resaltar que as imaxes foran empregadas “sen permiso” e que emprenderían as accións axeitadas destinadas a “retiralo” da Rede.

 

GUÍA DE PLANIFICACIÓN

O video publicado por Galicia Bilingüe tiña como principal intención situar no centro das súas críticas ao actual responsable de Política Lingüística, na súa calidade de experto en sociolingüística da Universidade de Vigo.

Na montaxe, a propia Gloria Lago –segundo ela mesma recoñeceu ante os medios de comunicación– empregaba diversos treitos da película –que, metaforicamente, simboliza a opresión xerada por unha ditadura– para criticar a Guía de Planificación Lingüística que Anxo Lorenzo contribuíu a elaborar.

As directrices deste documento –distribuído entre os centros de ensino polo Goberno bipartito– son frecuentemente criticados por GB, ao considerar que contribúen á “imposición” do galego nas aulas e que son parte do “régimen linguocrático” que, segundo a asociación, tentan promover “nacionalistas” coma os membros do BNG ou o propio Anxo Lorenzo.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
El you
Carmen
2009-07-17 16:34:58
¡Qué pena, el you era genial!,
2
Non a Censura
O censurador
2009-07-17 12:31:58
O que tendes que fager eiquí en Xornal, e censurar menos as opinións. Pois xa teño mandado bastantes comentarios a favor do galego e en contra do PP e de GB, e de momento non apareceu ningunha. E claro de momento ningunha despetiva, hacia ningen senon contando a verdade de estes elementos ubersivos e radicais. Non vos pasariades o bando eñemigo?

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.