A iniciativa 'Galego, patrimonio da humanidade' conta achégase ás 2.000 adhesións, segundo recoñece hoxe o editor Manuel Bragado -un dos seus impulsores- no seu blog, e segue a recabar sinaturas na súa páxina web. A plataforma cidadá, que pretende converterse nunha iniciativa lexislativa popular no futuro, presentou a semana pasada en Vigo o seu manifesto básico. Bragado, o escritor Xabier Docampo e o profesor Antón Baamonde deron conta do texto na Casa Galega da Cultura de Vigo hai dúas semanas. Nel reclámase ao PP que volva ao terreo común do consenso en materia lingüística.

