A Xunta bendice a “inmersión lingüística”, pero en inglés

Xornal.com Actualizado 20/07/2009 - 00:40 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

O aeroporto de Lavacolla recibiu onte 74 alumnos galegos de Secundaria procedentes de Irlanda, onde participaron no Programa de Inmersión Lingüística da Xunta. A súa chegada coincidiu coa partida doutros 114 estudantes na segunda quenda do curso de aprendizaxe. O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, que estivo no aeroporto para despedir e recibir os estudantes, explicou que a intención do curso é que os alumnos “convivan con familias noutros países” e, a través desta inmersión lingüística, poidan “complementar as competencias que adquiren na ESO”. Ademais, apuntou que o programa consiste nunha estadía de tres semanas en países estranxeiros, neste caso Irlanda, acollidos por familias nativas e durante a cal asisten a clases de inglés. Así mesmo, realizan outras actividades para divertirse e integrarse, indicou Mira, na “vida social e cultural do país”, o que supón unha “experiencia moi enriquecedora”. O curso de aprendizaxe está financiado pola Consellería de Educación e o seu investimento total alcanza os 4,3 millóns de euros. “É un programa caro”, admitiu o director xeral, pero sinalou que é “do que máis orgulloso” está. As familias, que acceden ao programa segundo criterios de media escolar e renda, só teñen que achegar unha cantidade de 150 euros.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
E OS MESTRES,QUE???
violeta
2009-07-19 14:26:55
Señores: hai que ser serios e responsables.O profesorado está abndonadiño pola Consellería:os nosos cursos de formación están pouco ou nada actualizados,quen o imparte desmotiva aínda máis,e por riba telos que facer fóra do horario lectivo,facendo quilómetros que non che pagan e o corpiño que xa non resisite ese tute.Si:coma o resto dos traballadores.Pois iso.Proporciónennnos ferramentas e certa flexibilidade á hora de tratar coas linguas estranxeiras(dúas semaniñas SI OU SI no verán non semella o axeitado).A solución non é que che poñan de Asesora,que conste

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.