Luiz Ruffato: “En Brasil crese que o galego é algo do século XV”

Poeta e novelista, participa no encontro ‘Estratexias culturais de Galicia no Brasil’
A. Losada Actualizado 28/07/2009 - 03:12 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

Luiz Ruffato (Cataguases, Brasil, 1961)é escritor de profesión e xornalista de carreira. Gañou varios premios coa súa obra, na que destacan as novelas Eles eram muitos cavalos (2001), Mamma, son tanto felice (2005) e O mundo inimigo (2005). Foi traducido ao francés e ao italiano, pero aínda ten pendente unha edición dos seus textos en castelán. Dende que descubriu a cultura galega, está a traballar para mellorar o coñecemento que dela se ten no seu país natal. Sobre iso fala estes días no encontro Estratexias culturais de Galicia no Brasil, organizado polo Consello da Cultura Galega.

 

Cando soubo vostede que dentro de España había un lugar no que se falaba algo moi similar ao portugués?

En 2005, cando me invitaron ao VIII Congresso da Associação Internacional de Lusitanistas. Eu sabía do galego, pero pensaba que era unha lingua morta, como o provenzal. Levei unha boa sorpresa ao ver que non só seguía con vida, senón que tiña ao seu arredor unha sólida cultura e identidade.

 

Entón, a visión que se ten de Galicia en Brasil ten que ver co Medievo?

Así é. Sabemos do galego-portugués, e os máis lidos coñecen a lírica medieval, pero nada da literatura galega actual. En Brasil crese que o galego é algo que ficou no século XV, e elementos emblemáticos como o Camiño de Santiago asócianse con España, non con Galicia. Do mesmo xeito, os emigrantes galegos no Brasil e os seus descendentes, que son moitos, non se reivindican como galegos.

 

Como saltar esa barreira?

Penso que o mellor para Galicia sería aparecer asociada a España, e non a Portugal, porque para nós é un país marcado pola súa actuación na época colonial, que os máis dos brasileiros prefiren non lembrar. España, en cambio, enténdese coma un país moderno, vencellado á UE, e ten unha imaxe máis positiva. Polo tanto, un lugar dentro de España que fala a mesma lingua ca nós tería un grande interese turístico e cultural, se a xente soubera del.

 

Pode a cultura ser unha carta de presentación contra ese descoñecemento?

Coido que si. Na miña modesta labor, estou a preparar unha antoloxía de contos de autores modernos galegos para ser publicada en Brasil, e outra de autores brasileiros para editar en Galicia, porque a ignorancia é mutua. Así a todo, a mellor solución sería divulgar a cultura galega no sentido amplo.

 

Indo máis aló das letras?

E máis aló das artes tradicionais. Habería que falar da música, da gastronomía, da moda e da forma de ser dos galegos. Para os brasileiros son conceptos moi importantes, que lles poden axudar a entender o que é Galicia dentro de España, que eles ven como unha nación unitaria na que se fala español. Esa pode ser a porta de entrada.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.