A Xunta asumirá a repatriación a Perú do corpo da asasinada pola súa parella na Coruña

Xornal.com Actualizado 23/07/2009 - 18:23 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta farase cargo da repatriación do corpo de María Luz Tapia Polo, a muller asasinada o pasado xoves na Coruña supostamente polo seu compañeiro, ambos de nacionalidade peruana. O cadáver chegará a Lima (Perú) nos próximos días por expreso desexo da familia, segundo informou onte o Goberno galego nun comunicado.

Os familiares abriran unha conta para solicitar os case 4.200 euros que precisaban para trasladar o cadáver da Coruña a Madrid, porque desde alí prometera facerse cargo a Embaixada de Perú en España. O martes non tiñan máis ca 300 euros, polo que pediran tamén a solidariedade das institucións para poder asumir este custo. Agora, a Secretaría Xeral de Igualdade está a ultimar os trámites para repatriar o cadáver, para o que está en “contacto permanente” coa familia da muller asasinada e o consulado de Perú.

 

AGRADECEMENTO DA FAMILIA

En declaracións a Europa Press, Adelaida Flores, prima desta nova vítima de violencia machista, amosou o seu agradecemento pola decisión da Xunta e asegurou sentirse “triste” polo sucedido, pero, ao tempo, “contenta” porque o corpo da súa prima poderá ser enterrado no seu país natal.

O diñeiro recadado na conta, segundo explicou Adelaida, enviarallo aos pais da falecida para o enterro. María Luz Tapia, de 38 anos, deixa en Perú dous fillos de 16 e 18 anos.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.