Rosa Alice gaña o Premio de Poesía Espiral Maior

'O gado do Senhor', da poeta portuguesa Rosa Alice, resultou a obra gañadora do Premio de Poesía Espiral maior, quedando por detrás un total de 198  títulos procedentes de Galicia, Portugal, Angola e Brasil.
Xornal.com Actualizado 29/07/2009 - 20:31 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

“O gado do Senhor”, presentado baixo o lema “Margarida Jorge”, que, unha vez aberta a plica, resultou ser obra orixinal da poeta portuguesa Rosa Alice Branco, gañou o Premio de Poesía Espiral Maior. Reunido na cidade da Coruña o Xurado do XVII Premio de Poesía Espiral Maior, formado polos poetas Xosé María Álvarez Cáccamo, Xavier Rodríguez Baixeras e Miguel Anxo Fernán Vello, actuando como secretaria con voz e sen voto Amparo Manteiga Vázquez, acordou, por unanimidade, conceder este premio á obra da poeta portuguesa.

 Á actual convocatoria presentaronse un total de 198 libros, procedentes de Galicia, Portugal, Angola e Brasil e, en declaracións efectuadas polo Xurado, contou a presente edición cun dos niveis máis altos de calidade observados na historia do certame. O Premio de Poesía Espiral Maior, dotado con 15.000 euros, o que o converte no galardón poético máis dotado economicamente da Península Ibérica e nun dos mellores dotados de Europa no eido da poesía, supón, a maiores, a publicación da obra, cunha tiraxe de 2.000 exemplares, na Colección de Poesía de Edicións Espiral Maior.

 En palabras do Xurado, a obra gañadora, “O gado do Senhor”, contén unha proposta poética que leva a cabo un discurso crítico e unha glosa irónica sobre a Biblia, centrada na consideración da inxustiza que representa a morte consentida pola Providencia. A obra gañadora denota igualmente un grande dominio técnico, tanto na composición do poema como no ritmo sintáctico e une unha gran intensidade dramática en equilibrio cunha ollada serena sobre a realidade inmediata.

 Rosa Alice Branco (Aveiro, 1950), con máis de dez libros de poemas publicados, ao que se une unha importante obra ensaística, está considerada na actualidade como unha das máis importantes poetas portugueses contemporáneas. Doutora en Filosofía Contemporánea pola Universidade Nova de Lisboa, na actualidade e profesora de Teoría da Percepción na Escola Superior de Artes e Design de Matosinhos. A súa obra poética foi traducida a numerosos idiomas, entre eles o español, francés, alemán, inglés e árabe.

     

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.