sociedad > xornal-de-veran

Os turistas xa non buscan casas de verán

Pese ao descenso, Galicia segue nunha boa posición e por riba do nivel estatal
Alberte Mera Actualizado 01/08/2009 - 03:00 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

Odescenso de turistas neste verán é unha realidade que non só afecta ás axencias de viaxes ou aos destinos menos económicos do estranxeiro, senón tamén ás alternativas modestas dentro do Estado.

Os datos sinalan que a ocupación de casas de vacacións descenderá en Galicia un 7% durante o próximo mes de agosto, en maior medida que o fará a media española, onde o descenso alcanzará case o 4% respecto ao mesmo mes do ano 2008, ata chegar ao 73%, segundo un informe feito onte público polo portal Rentalia.

 

POR DIANTE DA MEDIA ESPAÑOLA

A ocupación en Galicia desta modalidade para hospedarse quedará relgada ao 79%, un resultado que a pesar da baixada lle permite situarse por diante da media española. Soamente catro das comunidades autónomas conseguirán superar a cifra do 85% de nivel de ocupación.

Así, Navarra será líder cun 88%, a pesar da caída de nove puntos. Será seguida polo País Vasco (87%) que aumenta a ocupación en cinco puntos porcentuais, Asturias que cun 85% rexistra un aumento de dous e Cataluña que, a pesar de sufrir un descenso de tres puntos, alcanza o 85%.

Pola contra, a recesión máis severa afectará ás comunidades de Madrid, cunha cifra de ocupación do 23%, así como a Castilla La Mancha e Extremadura. As tres autonomías rexistrarán en agosto a ocupación máis baixa de todo o territorio español.

Ademais, as comunidades cos maiores descensos serán as de Extremadura cunha baixada cifrada en 17 puntos porcentuais, Aragón cun resultado negativo de doce puntos e Madrid cun descenso que alcanza aproximadamente media ducia de puntos.

En canto ao resto de comunidades autónomas, as cifras oscilarán entre o 80% da Comunidade Valenciana, que lle supón un descenso de tres puntos e o de Baleares de dous puntos de baixada. Castilla, Cantabria, Andalucía, Canarias e Murcia moveranse entre este abano de cifras.

“O sector do aluguer vacacional está a resistir moi ben a crise; experimentou un forte crecemento durante este último ano tanto polo lado da oferta así como pola banda da demanda, aínda que a oferta creceu de forma máis notable que no 2008”, afirmou a directora de Rentalia, Marta Esteve. Esto foi o que provocou un axuste de prezos dun 4%, como “a leve caída da ocupación producida en agosto”, segundo a directora de Rentalia.

 

CASAS NA COSTA

Por outro lado, segundo o estudo publicado por este portal de i nternet, o 83% das casas de vacacións na praia estarán ocupadas en agosto, o que supón unha leve caída de catro puntos porcentuais con respecto ao mesmo mes de 2008, cando a ocupación deste tipo de casas alcanzou o 87%aproximadamente.

O aluguer de casas de vacacións entre particulares leva existindo “moitos anos”, segundo explicou Marta Esteve, e considerou que a chegada de Internet permitiu outorgar un “novo impulso” a este sector turístico.

“Debido ao aumento tanto da oferta de alugueres vacacionais coma de viaxeiros que practican este tipo de turismo, o sector do aluguer vacacional é un dos que mellor aguanta a crise”, destacou Rentalia.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.