Martes, 16 de marzo de 2010 - 0:32 h

Na consulta da Xunta aos pais gañan as dúas linguas, a pesares das eivas que ten

>> Anxo Lorenzo presentou os datos do polémico inquérito. A educación en galego e castelán gaña con certa vantaxe para este último.

>> En resumidas contas, na enquisa da Xunta opinou pouco máis da metade dos pais, con maior resposta do ensino privado, cando o público é maioritario en Galicia.

>> O Estatuto de Autonomía de Galicia obriga á Xunta a potenciar o emprego do galego en todos os planos da vida pública.

Xornal.com Actualizado 01/08/2009 - 03:23 h.
82 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 19 voto/s

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou, en ausencia do conselleiro, Jesús Vázquez, os resultados da consulta ás familias sobre a utilización das linguas na educación non universitaria de Galicia, que será segundo a consellería o punto de partida para a elaboración do novo decreto do galego no ensino. Lorenzo destacou a participación do 58,7%, que foi especialmente elevada nos ciclos en Educación Infantil e Primaria, onde chegou ao 70,1% e ao 75,7%, respectivamente. Estes datos son máis elevados que os de Educación Secundaria (38,4%) e Formación Profesional (33,1%).

Non obstante, os datos ofrecidos pola consellería que dirixe Jesús Vázquez non están segregados por familia, hábitat, ou zona xeográfica. En resumidas contas, na enquisa opinou pouco máis da metade dos pais, a maior porcentaxe deles no ensino privado, cando o público é maioritario en Galicia. Aínda así para o secretario xeral de Política Lingüística, "os resultados demostran o interese dos pais e nais nas decisións que atinxen ao sistema educativo para os seus fillos". Ademais entenden dende Educación que "o conxunto das respostas das familias fan evidente que a sociedade galega se reafirma bilingüe, particularmente no ciclo de infantil. Neste ciclo, arredor do 60% dos pais afirman que os seus fillos aprenderon e falan habitualmente en castelán o que non supón inconveniente para que a maioría (53%) prefira unha aprendizaxe bilingüe".

"Estupideces"

Segundo Anxo Lorenzo, nas cinco semanas que durou o reconto das enquisas escoitáronse moitas "estupideces" sobre o proceso. Non aclarou moito máis.

En canto a contratación de empresas externas para levar a cabo o escrutunio das enquisas, o secretario xeral de Política Lingüística sinalou que a consellería contou cos servizos de Obradoiro de Socioloxía e con outra empresa á que alugaron un lector óptico para levar a cabo o reconto.

Valoración

Anxo Lorenzo reafirmou que á vista dos resultados "o marco normativo actual (do Bipartito) non se axusta ás preferencias dos pais", polo que a Consellería “terá en conta a opinión expresada libremente polas familias para a redacción do novo decreto”. Nembargantes, a Xunta deberá cumprir o Estatuto de Autonomía de Galicia, que considera o galego como a lingua propia de Galicia. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos os galegos teñen o dereito de coñecelos e de usalos. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua, di tamén o Estatuto de Galicia.

O responsable de Política Lingüística incidiu en que “resta un importante labor por facer na consolidación da convivencia lingüística” xa que nas etapas de Primaria e Secundaria “o galego aínda non se percibe tan útil como o castelán”. Por este motivo, é necesario “revisar os modelos de normalización lingüística asumidos nos últimos 25 anos”. O obxectivo é que as dúas linguas “estean presentes na sociedade que construímos en igualdade”.

Igualmente, Anxo Lorenzo afirmou que "o galego necesita adaptarse aos desafíos e retos do século XXI, nun mundo cada vez máis global e competitivo, pero que esta adaptación non pasa por fórmulas de illamento que xa demostraron a súa escasa utilidade". Por iso, Lorenzo chamou ao consenso dos axentes políticos, sociais e educativos para que o novo decreto “desenvolva un modelo lingüístico plurilingüe de calidade, que asegure o coñecemento do galego e do castelán”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Desde Vigo
El Duende
2009-08-01 12:43:25
Viva Galicia Bilingüe. Viva la libertad de elegir. Somos mayoría. Ah, pero ya éramos mayoría en las elecciones. Os meus fillos xa son maiores e non puiden votar, senón ainda sería maior a diferencia. Viva España. Viva Galicia.
2
Menuda tropa
brais
2009-08-01 03:46:40
Se a maioria das familias quere un ensino bilingüe quere dicir que apoian a política do bipartito que establece un 50% en cada lingua, polo tanto non hai nada que cambiar. Salvo o novo antigoberno da Xunta
3
Desde Verín
Carlos
2009-08-01 02:29:59
¡VIVA GALICIA BILINGUE!
4
No hay quien entienda a los fachegos
Luis Antonio Novoa
2009-08-01 02:26:01
Primero decían que la encuesta no tenía el más mínimo rigor y por eso no le iban a dar ninguna importancia. Luego sale la encuesta y se ponen como la niña del exorcista echando espumarajos por esa boquita. Pero, ¿en qué quedamos?. ¡Viva Galicia Bilingüe!
5
Tongo
Sor Citroen
2009-08-01 01:49:01
Seica agora van decidir sobre as linguas no ensino todos eses centros concertados, é dicir, privados e sostidos con FONDOS PÚBLICOS, a maioría, relixiosos, tan querentes da lingua galega (ejem). Viva la LIBERTAD!... pero controlada
6
Agora en serio
Tabi
2009-08-01 01:26:00
Nostrus cala a boca xa dunha vez, rompes o meu karma de paz.
7
De onde saíu este conselleiro?
gaiteiro
2009-08-01 00:20:06
Pero este home como pode dirixir a consellería de educación dunha rexión que "pensamos" é o primeiro mundo? Galegos: este tipo de enquisas, nun país europeo que se considere serio, non pasaría nunca. Crédeme, nunca.
8
A fraude-enquisa.
Xabier Álvarez
2009-07-31 23:47:58
Varias cousas: -A enquisa é unha fraude (non vale a pena entrar en razóns; están todas ditas). -O ESTATUTO DE AUTONOMÍA (Lei máxima de Galiza) DE OBRIGA á Xunta a potenciar o emprego do galego en todos os planos da vida pública. -Ten que potenciarse o Galego porque é a lingua minorizada, que non minoritaria, e o Castelán está garantido (e imposto). -A maioría do pobo galego votou o que votou e o goberno da Xunta ten un programa electoral que entende "potenciar o galego" da maneira que o está facendo. -A decisión do que, significativamente aconteza co galego, como con tantas outras cousas, está nas urnas. -Os/as que apoiamos o galego somos multilingües; tamén apoiamos o Inglés, Francés, etc. -O pobo ten que saber que o idioma é unha das columnas básicas (xunto co territorio e os símbolos identitarios)necesarios para ter un Estatuto propio (recordo que somos Comunidade Histórica)que é básico á hora de negociar no Estado das Autonomías e, polo tanto, de garantir o noso desnvolvemento(véxase o que obtivemos na última negociación pola cerril estratexia do PP de non renovar o Estatuto).
9
DISPARATES ARREO
´ROSALÍA
2009-07-31 23:43:39
Que un de Murcia ou Albacete está lexitimado para decidir o futuro do galego ? Home, home, o voso évos moi forte. Estaba visto, xa o sabía eu: estes gañan a Eurocopa e perden contacto coa realidade....

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.