Lunes, 22 de marzo de 2010 - 3:12 h

A CIG cualifica a consulta como unha "enquisa-trampa improcedente"

A central sindical denuncia a "tendenciosidade" da formulación das preguntas aos pais sobre a lingua
Xornal.com Actualizado 01/08/2009 - 03:36 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 3 voto/s

A central sindical CIG-Ensino acusou hoxe a Consellería de Educación de achegar datos "ilexítimos e fraudulentos" nos resultados da enquisa do idioma, "xa que estes estaban pensados e preparados desde o momento no que se deseñou".

O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, cualificou a consulta, nun comunicado, como unha "enquisa-trampa improcedente" que "culmina un proceso" pensado para "xustificar unha política lingüística de agresión contra o noso propio idioma, para reducir a súa presenza no ensino".

A central sindical denunciou a "tendenciosidade" da formulación da enquisa, que xa fora "preparada para obter este resultado", ao impedir que os pais se puidesen posicionar en favor dun ensino maioritariamente en lingua galega.

CIG-Ensino denuncia, ademais, que as porcentaxes de participación son "enganosas" , debido a que preto do 90 por cento das enquisas proceden de colexios concertados, polo que "na práctica" serán estes centros, que "destacan polo incumprimento da normativa" do uso do galego, "os que decidan sobre a presenza do noso idioma na escola pública".

A central sindical engadiu que a realización da enquisa estivo "chea de incidencias" que se viron "completadas" coa "manipulación" das enquisas por parte da empresa privada Obradoiro de Socioloxía, "sen ningún tipo de control público".

CIG-Ensino esixe que se manteña o Decreto 124/2007 que regula o uso do idioma no ensino e anunciou mobilizacións en outono en defensa do galego

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Dimisións
Brais
2009-08-01 04:02:19
Consellerio Dimisión. E cesade ao secretario de política lingüística. Eincompatible ese posto co ue di e defende. E que devolvan o diñeiro que costaron as enquisas....

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.