Sábado, 13 de marzo de 2010 - 18:31 h

A enquisa avala o equilibrio das linguas oficiais nas aulas

O 49,8% dos formularios reclama igual trato para galego e castelán e a Xunta di que será só “unha opinión máis”
David Lombao Actualizado 09/08/2009 - 01:20 h.
9 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 8 voto/s

“Reafirma a necesidade de revisar o marco legal”. Esta é a síntese que a Consellería de Educación extrae dos resultados da enquisa aos pais sobre o uso das linguas do ensino cuxos resultados, logo de sucesivos adiamentos, viron a luz no día de onte.

 

O Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo –encargado de presentar o inquérito nunha comparecencia á que o Conselleiro, Jesús Vázquez, non asistiu–, reafirmou onte a intención da Xunta de derrogar o decreto que regula a presenza do galego nas aulas reducindo á categoría de “unha opinión máis” un estudo que, malia ás eivas denunciadas por expertos na materia, avala o equilibro de idiomas no ensino non universitario.

 

Atendendo aos datos presentados por Lorenzo, as familias que elixiron as opcións “a maioría en galego”, “a maioría en castelán”, “unhas en galego e outras en castelán” ou ben, no caso de Infantil e FP, selecionaron “as dúas”, sitúase nun 49,8 por cento no conxunto dos niveis educativos. Mentres, os enquisados que optan só polo galego sitúanse no 13,7 por cento e os que prefiren só o castelán, no 36,4%.

 

A petición de igualdade entre ambos idiomas elévase por riba do umbral do 50 por cento no caso da educación infantil, onde o 53,2 por cento dos cuestionarios reclama a primeira aprendizaxe nos dous idiomas –as familias cubriron unha enquisa por cada fillo– e na Formación Profesional, co 52% dos participantes na consulta.

 

PARTICIPACIÓN

O responsable de Política Lingüística mostrouse especialmente satisfeito polo grao de participación acadado xa que, aínda que a abstención acade o 41,3 por cento, a chegada á Xunta de 194.125 cuestionarios resulta “moi positiva”.

 

Con todo, Anxo Lorenzo recoñece que o grao de implicación da comunidade educativa non é homoxénea en todos os niveis educativos –redúcese notablemente nos tramos con alumnos de maior idade– e, especialmente, entre o ensino público e o privado.

 

Se ben Lorenzo rexeitou ante os medios desagregar os datos por hábitats –a diferenciación de respostas entre cidades e medio rural non é pública– ou centros, si admitiu a “altísima” participación en colexios privados e concertados, mentres que “nalgún” público, os cuestionarios cubertos non superaron o 30%.

 

No marco dunha multitudinaria rolda de prensa, o Secretario Xeral mostrouse especiamente molesto polas críticas recibidas nas últimas semanas tanto polo adiamento dos resultados como no referido á contratación dunha empresa para procesar os datos da enquisa e o seu custo.

 

Logo do que Anxo Lorenzo define como “tantas mentiras e estupideces”, Anxo Lorenzo cifrou en 160.995 euros o custo dun estudo no que, di, a implicación dunha compañía privada foi necesaria xa que, di, “un equipo da consellería” tardaría “case un ano” en recontar.

 

Neste escenario, Lorenzo mostrouse “moi satisfeito” ante un proceso que, afirma, “demostra o fracaso” das “fórmulas de imposición” que, dende o seu punto de vista, estiveron na base da política lingüística do bipartito e que o Goberno galego, di, substituirá por un “decreto plural”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
..
beldro
2009-08-01 23:47:46
a ver, Alejandro Cubero "el yiyo", vaite opinar de estas cousas á tua terra, que de isto non entendes, e non nos veñas toca-los ... que xa temos dabondo cós catro pilinguis colonizados que temos que padecer para que veñan outros artículos de importación que non teñen pito que tocar a darnos leucións. saudiños homiño...
2
alucino
alejandro cubero
2009-08-01 19:42:06
Alucino: un 12,5 de los padres dice que quiere educación solo en gallego y aún hay quien se empeña en ver la botella medio llena. La verdad, lo de Xornal es de coña, pero de coña marinera. Con un resultado así lo unico que se contrasta es que es la clase política, PSdG y Bloque, los que quieren que haya monolitismo lingüistico. No es una necesidad de la sociedad, sino de una minoría que quería imponer su voluntad al resto.
3
"A Rianxeira" Enquisa
Secret Garden
2009-08-01 19:31:52
O domingo imos a facer unha enquisa para ver quen quere cantar "A Rianxeira" antes do concerto de Bruce no Monte do Gozo. Ondiñas veñen....
4
Hai que cambiar o decreto
Pedro
2009-08-01 16:54:11
O decreto do galego no ensino di que se impartiran nesta língua COMO MÍNIMO o 50% das asignaturas. Polo tanto, compre modificar o decreto para facer un ensino bilingüe e que se imparta o 50% das materias en galego, e o 50% en castelán.
5
Dar a cara
Pilar
2009-08-01 13:24:28
Por certo, ¿ onde estaba o conselleiro?. Tería que dar a cara e sair ir a defender o seu enxendro.
6
Vergoña de seu
Alfonso Tembras
2009-08-01 10:18:06
O peor de todo é a vergoña que moitos galegos sentimos por seres galegos (agora mesmo eu tamen sinto isto) Por outra banda seria ilexitimo que o goberno se decidira por unha opcion ou outra. A promesa electoral é que os pais poderiamos decidir o idioma no que queremos que se eduquen os nosos fillos. A ver como nos organizamos!
7
Por que nos queren enganar?
María Pardo
2009-08-01 06:31:46
Segundo Anxo Lorenzo o 53,2 por cento dos cuestionarios reclama a primeira aprendizaxe nos dous idiomas.Tal e como se está a facer. Unhas asignaturas danse en galego e outras en castelán.Sen impoñer ningunha lingua. Esa porcentaxe demostra que a política lingüística do Bipartito non foi entendida polos pais coma unha imposición do galego. Polo tanto non se pode falar de fracaso. O que o Sr. Lorenzo define como fórmulas de imposición foron fórmulas de potenciación da lingua galega. O galego non se potencia con exposicións e conferencias unicamente. O galego potenciase se se ensina aos nenos para que, ó coñecelo poidan falalo. Un idioma non se pode utilizar se antes non se aprende. A forma más doada e efectiva de ensinalo e aprendelo é nos colexios. O novo decreto plural como o califica Anxo Lorenzo, vai ser de obrigado cumplimento ? Non é iso unha imposición?
8
que alguén me explique esto
Brais
2009-08-01 03:44:10
Se a maioria das familias quere un ensino bilingüe quere dicir que apoian a política do bipartito que establece un 50% en cada lingua, polo tanto non hai nada que cambiar. Salvo o novo antigoberno da Xunta
9
Dimisións
Brais
2009-08-01 04:05:31
Consellerio Dimisión. E cesade ao secretario de política lingüística. Eincompatible ese posto co ue di e defende. E que devolvan o diñeiro que costaron as enquisas....

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.