sociedad > xornal-de-veran

Máis difícil aínda: blogueiros sen rede

>> Un grupo de creadores de blogs xúntanse na coruña

>> A cita foi unha homenaxe a Diego Novo, o rapaz que morreu afogado

Alberte Mera Actualizado 08/08/2009 - 02:05 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

Un anaquiño de Diego vai comigo”. Este foi o lema co que se reuniu onte unha vintena de blogueiros. O punto de encontro foi a Coruña e, o obxectivo, coñecerse persoalmente sen as limitacións da rede. Estes cibernautas son seguidores do blog da nai de Diego Novo, o neno que faleceu afogado no mes de marzo na piscina do colexio Liceo, na Coruña. A raíz desta amizade, xurdida na rede, decidiron dedicarlle a Diego e á súa nai a cita.

“A nai non sabe nada, agardemos que se sorprenda cando pola noite vexa as fotos nos nosos blogues”, comenta Aníbal Rodríguez, do blog barriodelventorrillo.com. O rosa da camiseta débese a que era a cor preferida por Diego, segundo afirmou Aníbal.

 

COMPARTIR E ATA LIGAR

“A través da blog buscamos compartir o que se pensa sobre calquera tema, colgar unha foto e opinar, un video...”, salienta Raúl Rodríguez, para quen o importante nun blog é o contido, xa que a rede está ateigada de “moi bos deseños pero poucos temas que resulten interesantes”.

E non só contidos. Raúl Rodríguez é un exemplo: coñeceu á súa muller a través do IRC. Onte puido contar en persoa aos seus amigos da rede o obxectivo do seu novo blog. En antesdenacer.com conta, a modo diario, a vida da súa filla, que aínda está no útero materno. A primeira actualización é a foto dun predictor, e a intención é que a filla continúe o diario cando “teña uso de razón”.

Entre os blogueiros que acoderon á cita tamén estaba Irene Medín, da blog lagorditapresumida.com, onde contará en breve onde compra roupa ou como é o seu día a día.

Ramón Nóvoa oferta en hellogalicia.com información turística para as fins de semana en torno a tres aspectos: comer, mercar e durmir.

Os organizadores artéllanse en torno á web corublogs.com. “A intención deste blog é aglutinar nunha soa páxina as actualizacións de todos os blogueiros que están subscritos”, afirma Raúl Fernández. Ademais destas iniciativas, os blogueiros desexan continuar quedando fóra da rede para coñecerse mellor e “pasar bos ratos”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
vane, mama de diego
2009-08-01 12:07:50
No tengo palabras....GRACIAS a todos

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.