O acceso á planta baixa do Hospital Universitario A Coruña (Chuac) permanece pechado dende onte debido ás obras de acondicionamento do vestíbulo. Os traballos, que se prolongarán durante mes e medio, englóbanse dentro do Plan Director do hospital. O centro recomenda os usuarios que empreguen o acceso da cuarta planta. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que os 40 millóns de euros de investimento restantes para o Plan Director do Chuac se licitarán “despois do verán”.
