Temor dos operarios de Sogama ao quemar 400 toneladas de fármacos

Os empregados alertaron á Inspección de Traballo pero a Xunta alegou que os medicamentos eran “residuos sólidos urbanos”
Eva Fuentes Actualizado 08/08/2009 - 02:20 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

A planta de Sogama situada en Cerceda queimou o xoves e venres pasado 400 toneladas de medicamentos. Así o denunciou a secretaria de Medio Ambiente do PSdeG, Carmen Gallego.Ademais, o responsable do sindicato CIG, Xosé Lois Martín Freire, tamén confirmou os feitos en declaracións a Xornal de Galicia.

O representente da central sindical explicou que a semana pasada “comezaron a entrar camións” con fármacos para ser incinerados en Sogama. Ante “a falta de información”, o comité de empresa chamou á Inspección de Traballo, que paralizou as tarefas, pero horas despois chegou “un certificado da Xunta que di que son residuos solidos urbanos”, é dicir, lixo corrente. Ademais, tanto Carmen Gallego como Martín Freire insistiron en que se queimaron os “medicamentos completos” –non só as caixas de cartos e prospectos, como ata o de agora– o que inclúe os blísters de aluminio e as pílulas ou fármacos noutro formato.

 

MOLESTIAS NOS OLLOS E NÁUSEAS

A deputada socialista alertou que os operarios que traballan no complexo de Sogama estes días sufriron molestias como “dores de cabeza, picor nos ollos ou náuseas”. A isto, o responsable da CIG engade que entre o persoal hai “medo”, así como “temor a ser envelenados”, tanto os propios obreiros como os veciños da contorna.

Martín Freire indica que non recibiron información por parte da empresa pero hai “dúbidas”, xa que os fármacos veñen envoltos en “aluminio ou plásticos metalizados”. Tamén indicou que nas quiemas realizadas a semana pasada había elementos como xiringas entre o lixo. Ademais, engade que na planta “unha caldeira está parada”, algo que achaca aos danos que puido causar esta incineración, xa que “non é o mesmo queimar residuos normais que medicamentos”.

O responsable da CIG tamén resaltou que o número de operarios é moi alto. Así, indicou que en cada turno –hai tres ciclos– traballan preto de 300 persoas, o que suporía case 900 que se viron expostas á incineración. A maiores das consecuencias sanitarias, Martín Freire amosou tamén a súa preocupación polo “impacto ambiental”.

Así pois, dende o comité de empresa de Sogama solicitaron dende hai días información sobre este asunto. Finalmente, hoxe manterán unha reunión coa comisión de seguridade da firma, na que esperan recibir resposta ás súas dúbidas.

Por outra banda, Carmen Gallego tamén pediu aclaracións á Xunta de Galicia, xa que “non deu ningún tipo de explicación a ninguén”, agás unha circular da consellería de Medio Ambiente na que “se asimilaban os medicamentos a residuos urbanos normais”.

Ademais, repróchalles que na lexislatura pasada, o PP dicía que eran “perigosos e moi tóxicos”, mentres que agora “deciden que os poden incinerar todos sen ningún problema”. “Imos pedir explicacións no Parlamento”, dixo a deputada socialista, que quere unha explicación para “este cambio de criterio”.

Os medicamentos que chegan a Sogama son os recollidos nas farmacias nos puntos do Sistema Integrado de Gestión y Recogida de Envases (Sigre). Hai uns meses, este organismo estatal decidiu denunciar á compañía ubicada en Cerceda, xa que o complexo non estaba a reciclar os fármacos, senón que eran ciscados nun vertedoiro. Ademais, tampouco cumpriu o acordado de reconvertelos en enerxía.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Tanta reciclaxe para nada
Frank Furt
2009-08-06 12:19:51
E nós, parviños, separando o lixo, levando os medicamentos ao punto SIGRE da farmacia, total, para que os políticos cheguen e decidan queimalo todo. Pois dende agora non penso molestarme en reciclar. Todo ao mesmo cubo e, se queren, que o separen eles despois.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.