O músico norteamericano Willy DeVille morre aos 55 anos

O autor da popular versión mariachi do clásico "Hey Joe" padecía unha hepatite C e un cancro de páncreas

Xornal.com Actualizado 12/08/2009 - 13:34 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

O cantante e guitarrista estadounidense Willy DeVille, coñecido pola súa versión mariachi do clásico "Hey Joe", faleceu onte á noite aos 55 anos, segundo anunciou hoxe a empresa Caramba Spectacles, que organiza as súas xiras de concertos.

"Willy DeVille foise para reunirse está noite con Edith Piaf, Jack Nitzsche e Johnny Thunders", sinala nun conciso comunicado a empresa na súa páxina web.

"Para nós, compañeiros de xiras, apaixonados da persoa e da súa música, a perda de Willy DeVille deixa un baleiro insoportable no panorama musical" e "pon fin a máis de 20 anos dunha aventura escénica e humana, chea de praceres e de emocións intensas, únicas", engade a nota.

Aínda que a empresa non precisa detalles sobre as causas do seu falecemento, DeVille sufría dunha hepatite C e dun cancro de páncreas.

Máis apreciado en Europa que no seu país natal, o cantante iniciou a súa andaina musical en Nova York en plena onda do movemento punk e fíxose coñecido co seu grupo Mink DeVille, antes de iniciar a súa carreira en solitario.

Logo de incursións no soul e na salsa, a súa música impregnouse das influencias da tradición de Nova Orleans, onde se instalou nos anos 1990.

O seu último álbum, Crow Jane Alley, apareceu en 2004.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.