Liñares: “Os medicamentos non son perigosos: tómanse pola boca”

O rexedor do PSOE, José García Liñares, defende que se calcinasen os fármacos. “Non son residuos perigosos”, di
Eva Fuentes Actualizado 09/08/2009 - 02:14 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

O alcalde de Cerceda, o socialista José García Liñares, mostrouse onte “totalmente a favor” de que se incineren medicamentos no complexo da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), situado neste concello coruñés. Así, asegurou que “os medicamentos non son perigosos porque é algo que se toma pola boca”. Estas declaracións contrastan coa postura do seu partido, xa que a secretaria de Medio Ambiente do PSdeG, Carmen Gallego, lanzou duras críticas contra a Xunta o pasado mércores por realizar estas queimas na planta de tratamento de residuos.

Por outra banda, o rexedor tamén contradí á deputada socialista e aos representantes sindicais do comité de empresa, quen alertaron que arderon 400 toneladas de fármacos “sen informar do risco aos traballadores” e que os operarios que participaron nas tarefas sufriron molestias como “dores de cabeza, picores de ollo e náuseas”.

Preguntado por este tema, García Liñares, asegura que falou con persoas que traballan en Sogama e que estas non lle “dixeron nada”. Segundo explicou o alcalde de Cerceda en declaracións a Xornal de Galicia, “eles queren información” pero as tarefas de incineración realizadas a semana pasada no complexo industrial “non sembran alarma”.

Ademais, en canto ás preocupacións amosadas polos traballadores sobre unha posible afección destes produtos á contorna e ao medio ambiente, García Liñares di que non hai “absolutamente” ningún prexuízo. O rexedor mantén unha actitude “totalmente favorable” á incineración de medicamentos en Sogama. Así, afirmou que “é o que marca a consellería”. Neste senso, lembrou que o anterior responsable de Medio Ambiente da Xunta de Galicia –o actual líder dos socialistas galegos, Manuel ‘Pachi’ Vázquez– foi quen introduciu unha normativa polo que os medicamentos son “asimilables a residuos solidos urbanos”, é dicir, o lixo común.

Para insistir en que estes fármacos non son perigosos, José García Liñares lembra que “estiveron no vertedoiro”. Ademais, recordou que el mesmo, acompañado por un grupo de veciños do municipio de Cerceda, visitaron un complexo similar ao de Sogama en Dinamarca, unha planta onde “os residuos sanitarios eran tamén incinerados”. “Defenderemos os postos de traballo”, salientou tamén o alcalde socialista, que lembrou que a planta de tratamento de fármacos ten contratadas directamente a 25 persoas do concello coruñés. Por ese motivo, José García Liñares asegurou que dende o concello de Cerceda dan “todas as facilidades” a este complexo industrial.

Nas súas declaracións a Xornal de Galicia, o rexedor insistiu en varias ocasións en que os fármacos non son despoxos nocivos. Ademais, lembrou que ata hai uns anos eran un tipo de lixo que ían “aos contedores”, como o resto de residuos sólidos urbanos. Así mesmo, afirmou que “legalmente, poden ir ao vertedoiro”, xa que son “asimilables” ao resto de despoxos correntes.

Por outra banda, José García Liñares lembra que no complexo de tratamento de residuos ubicado en Cerceda “hai indicacións” de como se debe traballar con estes fármacos e que se separan os diferentes materiais, como papel, plástico ou o medicamento en si.

Estas declaracións contrastan coas do PSdeG, xa que Camen Gallego asegurou que van “pedir explicacións” no Parlamento sobre as incineracións. De feito, o presidente de Sogama, Luis Lamas, asegurou o xoves nunha reunión co comité de empresa que as queimas eran “probas” e comprometéronse a non facer máis polo de agora xa que debían “buscar solucións técnicas”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
¡Bravo!
Fan de José García Liñares
2009-08-08 13:32:02
Que carisma.Un aplauso a los habitantes/votantes de Cerceda.¡Esos si que saben escoger alcalde! Todo el mundo sabe que si se "toma por la boca" es sano. Yo creo que debería hacer como Fraga en Palomares y fumarse unos cuantos medicamentos para demostrar a los trabajadores que no tienen motivo para alarmarse. Este hombre se ve que está totalmente informado e instruído en el tema.Y además protege los puestos de trabajo por ENCIMA DE TODO..

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.