A queima en Sogama de 400 toneladas de fármacos foi "unha proba"

A Sociedade Galega de Medio Ambiente estuda rachar o contrato coa firma Danigal
E. Fuentes / D. Prieto Actualizado 09/08/2009 - 02:14 h.
4 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

A Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) estuda romper o contrato con Danigal, a firma subcontratada para a xestión dos residuos e xestor da planta Sigre que recolle envases farmacéuticos. A razón é o incumprimento do convenio polo que Danigal debe tratar os restos de fármacos e reutilizalos como fonte de enerxía. Así llo explicou o presidente de Sogama, Luis Lamas, ao comité de empresa nunha reunión celebrada onte.

A xuntanza realizouse tras a polémica pola incineración de 400 toneladas de fármacos a semana pasada na planta de Cerceda. A reunión de onte celebrouse a petición do comité de empresa, xa que, como revelou Xornal de Galicia, os traballadores tiñan “temor” a ser “envelenados” polos efectos da incineración. Desde a dirección de Sogama aseguraron que “de momento” non se van queimar máis residuos deste tipo, e que as incineracións da semana pasada eran “probas”. Agora, Sociedade Galega de Medio Ambiente traballa para “buscar solucións técnicas”. Ademais, tamén indicaron que “non se van enviar máis restos para o vertedoiro” da Areosa, situado no mesmo complexo, tal e como viña facendo Danigal nos últimos meses.

 

“NON ARRANXAMOS NADA”
Segundo explicou o responsable da CIG, Xosé Lois Martín Freire, “a única explicación” que os traballadores recibiron no encontro foi que queimar este lixo “xa o fixo o bipartito”. Ademais, Sogama aseguroulles que os farmacos son “residuos sólidos urbanos”. “Non arranxamos nada”, laiouse o representante sindical tras a reunión, xa que a súa principal preocupación era saber se as incineracións realizadas o xoves e o venres da semana pasada poderían causarlles danos á saude e ao medio ambiente.

Tal e como explicaron Freire e a socialista Carmen Gallego antonte, cando se levaron a cabo esas tarefas, os operarios sufriron “dores de cabeza, picor nos ollos e náuseas”. O responsable da CIG tamén explicou que, tras estas tarefas, unha caldeira do complexo deixou de funcionar, algo que atribuiu ao “impacto” deste tipo de lixo.

Por outra banda, Martín Freire insistiu en que os traballadores de Sogama “non están en contra” de que se queimen este tipo de residuos, pero piden “melloras técnicas” e que se lles dean explicacións sobre o posible impacto na saúde e no medio ambiente destas prácticas. 
A principios de ano, o Sistema Integrado de Gestión y Recogida de Envases (Sigre) denunciou o incumprimento de contrato por parte de Sogama, participada nun 51% pola Xunta e nun 49% por Unión Fenosa.

Sogama aclarou en reiteradas ocasións que a súa misión era a “xestión” dos residuos, xa que as súas instalacións non estaban “técnicamente preparadas” para incineralos, polo que se depositaban no vertedoiro da Areosa. Máis de 10.000 toneladas de lixo farmacéutico foron ciscadas durante seis anos nese vertedoiro, en lugar de ser queimadas. Varios certificados de Sogama especificaban que os restos procedentes de Danigal foran “eliminados”, pero nunca queimados. O 72 por cento dos restos de medicamentos depositados nos puntos Sigre das farmacias de toda España desde o 2002 acabaron no vertedoiro da Sociedade Galega de Medio Ambiente. Tan só o 28 por cento deses residuos foron reciclados. 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
SEPARAR PARA RECICLAR?? JA,JA..
Xema
2009-08-07 13:24:40
Eu vou gardando os medicamentos sobrantes para cando visito a farmacia levalos o centro Sigre, e agora me pregunto: para que?. Se todo se xunta pola Xunta, sería mellor pollerlles una xunta(xugo) . As probas que a fagan os conselleiros mais o Fei como brasa para o churrasco, así quedan inmunizado-as contra todolos males
2
En Sogama, "só" o 72% do lixo das farmacias de España toda?
Cuíña
2009-08-07 11:40:23
De veras que non é o cento por cento dos refugallos?.. Igual é que comezamos a nos facer respetar.. Que a dirección de Sogama asegura aos empregados que, “de momento”, non se van queimar máis residuos deste tipo, e que as incineracións da semana pasada eran “probas”?.. Pois a seguir pregando por que as probas veñan sendo con viáis de Valium.. Igual se lles da por probar queimar Zyklon B.. Si á dirección de Sogama lle dá por proibír que os empregados veñan duchados da casa, e obligatoriamente o pasen facer nuns novos pavillóns da empresa.. Por certo, en que quedara aquela factoría de reciclaxe farmaceutico, con tecnoloxía de avangarda, garantida nos anos 90 por Xosé Cuíña, n'As Somozas?..
3
viva a merda!!
Antón
2009-08-07 10:11:20
e despois te collen botando o lixo no contedor antes das dez da noite e metenche un puro...
4
QUEN LLE PON O CASCABEL AO GATO?
A MOSCA ESQUERDOSA
2009-08-07 08:33:58
Se os que deberían traballar para a protección do medio ambiente son os primeiros en ningunealo. Se a sociedades estatais ou paraestatais, as administracións públicas e os políticos sempre tan dispostos a facer declaracións en plan ecoloxista son os que poñen a nosa calidade de vida ao servizo doutros intereses, que solución queda? Ou unimos a loita ecoloxista coa loita dos traballadores por dar unha saída combinada aos graves problemas nos que nos atopamos pola voracidade de beneficios do capitalismo, ou esta terra e este planeta ten os anos contados. Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.