En só dous días de presenza na rede por medio da súa páxina web –www.prolinguagalega.org– a plataforma en defensa do galego Prolingua sumou 500 novos apoios e máis de cinco milleiros de visitas. A organización súmase así a outras existentes a prol do idioma propio como Queremos Galego –que anunciou manifestacións en outono– ou Galego Patrimonio da Humanidade. Non obstante, Prolingua conta cun funcionamento diferenciado. Segundo o seu propio propósito de intencións e actuación, establece como “único requisito ás persoas que desexen pertencer a esta plataforma, a intención de se comprometeren na defensa da lingua galega e na promoción do seu uso en todos os ámbitos, tanto públicos coma privados”.
Ademais, rexeitan vinculacións directas con outros grupos: “Dado que a lingua galega é patrimonio do pobo galego, rexeitamos calquera pretensión de apropiarse dela ou de atribuírlla a calquera grupo ou ideoloxía particulares. Por iso ProLingua se declara unha plataforma apartidaria e plural”. Nela participan persoas de moi diversas tendencias, incluso xente moi achegada aos sectores galeguistas do PP.
Nesa liña, ProLingua anuncia que “promoverá accións de todo tipo encamiñadas á consecución dos seus obxectivos, mais nunca se sumará como tal a ningunha acción allea, á que terán plena liberdade de agregarse as persoas que a integran de forma individual”. Por iso, “cando nunha acción figure o logo de ProLingua nunca poderá figurar ningún outro, sexa do tipo ou motivación que sexa”.
NORMALIZACIÓN
Entre os obxectivos da plataforma, segundo o seu manifesto fundacional, declara como “obxectivos irrenunciables” a “totalidade dos contidos da actual Lei de Normalización Lingüística de 1983 e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004 “, que contaron, segundo lembran os membros de Prolingua, “en ambos casos, coa aprobación por unanimidade do Parlamento de Galicia”.
Por último, a plataforma esixe “que non se leve a cabo ningunha medida lexislativa que supoña perda de dereitos por parte das galegas e dos galegos a usaren e coñeceren a lingua galega e a facer dela o seu sinal de identidade galega”. Entre os compoñentes de Prolingua hai gran presenza de representantes de todos os sectores, moi especialmento do cultural, como é o caso dalgúns escritores como Yolanda Castaño ou Xosé Luís Méndez Ferrín.
Sempronio home, caseque che traizoa o subconsciente, estiveches a piques de escribir "política lingüicida". Sabías que a palabra máis empregada polos Nacis da época de Hitler era a palabra liberdade?. Os que somos demócratas non nos fai falta recordarlle a todo o mundo esa palabra, fica dentro de nos, as nosas caras reflicten liberdade, democrácia....Vos, en troques, tendes que lembrala unha e outra vez xa que se vos esquece constantemente. Non fostes educados na liberdade, se non en colexios sexistas relexiosos do OPUS subvencionados polo franquismo, hala!!! iso sóname, non?

